Datos de interés

  • Domingo 12.10.2008

Exhibición

Os cans da Guardia Real amosan as súas habilidades en Fexdega


Etiquetas: Vilagarcía

AGN.

Seis cans da Guardia Real veñen este fin de semana a Galicia para amosar as súas habilidades en defensa e detección de explosivos. Será o vindeiro sábado no recinto feiral de Fexdega en Vilagarcía, que acolle dous concursos caninos nacionais e un internacional.

A exhibición vaise celebrar a media tarde e durará unha media hora. Nela, os animais farán unha demostración do traballo que realizan diariamente coa Guardia Real española.

Segundo informou Fexdega nun comunicado, a demostración consistirá en varios exercicios de obediencia en conxunto e un de obediencia individual, así como outro de detección de explosivos nun vehículo.

Ademais, dirixidos polo tenente desta sección, Guillermo Vicente Cano, e o asesor técnico, Alonso Jimeno, representarán a neutralización dun sospeitoso cando simule unha agresión e a detención dun individo que finxa fuxir.

Custodia dos Reis
Estes seis cans integran un equipo formado por 50 animais e 30 persoas que traballan a diario no Palacio da Zarzuela, tanto na vixilancia como a custodia dos Reis e os xefes de Estado que visitan o país. A unidade entrena no Pardo e conta con tamén con cans especializados en detección de drogas, rescate e busca de persoas.

13/09/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso