Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Por primeira vez en Galicia

Pontevedra acolle o IX Campionato Nacional de Gabeo de Árbores


Etiquetas: Pontevedra

AGN (Santiago).

A Alameda de Pontevedra acolle entre hoxe e mañá (14 e 15 de setembro) o IX Campionato Nacional de Gabeo de Árbores, unha competición deportiva na que participarán unhas trinta persoas e que por primeira vez se celebra en Galicia.

A competición, que consta de cinco probas clasificatorias a realizar en dous días é unha simulación do traballo realizado diariamente polos trepadores de árbores, que serán xulgados por profesionais do seu mesmo ámbito, valorando a destreza, o esforzo, a técnica e a seguridade empregada.

Modalidades
As probas comezan coa modalidade de "Rescate", onde o trepador, ante a simulación dun accidente sufrido polo seu compañeiro de traballo, deberá rescatar ó ferido seguindo o protocolo de emerxencia, rescate e primeiros auxilios, despois do cal chega "Traballo", unha proba que consistirá en desempeñar varias funcións na árbore, o trepador deberá realizar o traballo de desprazamento pola árbore a disposición do obxecto de simulación.

O resto das probas son "Ondilla", onde valorarase a habilidade do trepador que debe lanzar unha ondilla que permitirá posteriormente colocar a corda para ascender á árbore; "Trepa rápida" na que o concursante demostrará a súa destreza, habilidade e forza ó trepar pola árbore ata unha altura de 18 metros no menor tempo posible; e "Presa de Pie", onde o trepador ascende por unha corda ata tocar unha campá situada a 14 metros.

Durante a celebración do campionato están previstas actividades complementarias como unha feria de Maquinaria, adicada ás empresas do sector arboricultor e obradoiros específicos para a mellora dos traballos de trepa.

14/09/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso