Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Investigación

PSdeG e BNG refugan a creación dunha comisión sobre a Autovía do Barbanza


Etiquetas: infraestruturas, Xunta, PPdeG, BNG, PSdeG

Xeración /AGN (Santiago).

PSdeG e BNG refugaron hoxe a creación dunha comisión de investigación sobre o desdobramento da Vía do Barbanza, para convertila en autovía, xa que consideran que a infraestrutura outorgouse con todas as garantías. Os socios do Goberno bipartito acusaron ó PP de pretender "tapar" as súas irregularidades na Cidade da Cultura coa creación deste órgano parlamentario.

O novo portavoz do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, insistiu en que o novo Goberno contratou "a dedo" a unha empresa que fixese un segundo informe técnico para a adxudicación, e se concedeu a obra a unha compañía distinta da prevista cun "sobrecuste" para as arcas públicas de 31 millóns de euros.

'Cortiña de fume'
Tanto PSdeG como BNG defenderon a limpeza do proceso de adxudicación e atribuíron a unha "cortiña de fume" do PP o solicitar agora esta comisión de investigación, o mesmo día que se aprobou no pleno a creación dun órgano similar sobre a Cidade da Cultura.

O portavoz parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, acusou ó grupo da oposición de utilizar a "mentira e a manipulación" sobre o suposto incremento do custe entre as dúas ofertas, xa que a Administración pública pagará 47.000 euros máis por diversas melloras en seguridade, e non 31 millóns como afirma o PP.

Pola súa parte, a portavoz de Infraestruturas do BNG, Carme da Silva, recriminou ó PPdeG que pretenda "botar sombras sobre o actual Goberno galego" para "tapar" as súas irregularidades. Considera que o actual Goberno actuou con "prudencia" ó solicitar un segundo informe técnico porque sería "moito dicir" que un documento elaborado polo anterior Executivo "é a única garantía" en vista das irregularidades detectadas na Cidade da Cultura.

11/09/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Ruiz Rivas estreouse como portavoz parlamentario do PPdeG (Foto: Pepe Ferrín. AGN)
Ruiz Rivas estreouse como portavoz parlamentario do PPdeG (Foto: Pepe Ferrín. AGN)

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso