Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Festas de Lugo

Marta Rivera ''encantada'' de ler o pregón de San Froilán


Etiquetas: troula, festas, literatura, Lugo

AGN.

A escritora lucense Marta Rivera de la Cruz está "encantada, emocionada e agradecida" tras ser designada como pregoeira das festas patronais de San Froilán, e asegurou que será "un dos momentos máis bonitos da súa vida".

A proposta de que a escritora lese o pregón nas festas de Lugo prantexouna o grupo municipal do Partido Popular hai un mes. Agora os tres grupos políticos con representación municipal apoiaron a candidatura da literata, proposta dende a comisión de festas.

Marta Rivera foi finalista na última edición dos premios Planeta, e pouco despois viuse envolta no centro dunha polémica ó denunciar a suposta marxinación que viña sufrindo nas institucións galegas por escribir en castelán.

Iggy Pop non actuará en Lugo

A concelleira de Cultura, Concepción Burgo, recoñeceu que esta mesma mañá tiveron que desbotar a participación do artista estadounidense Iggy Pop, que preferiu actuar en Francia e "deixou na estacada" a Lugo e Zaragoza, a pesar de que o seu contrato estaba case pechado.

Para compensar a 'deserción', Burgo afirma que están a negociar "con outros artistas internacionais" que cubran o oco deixado pola 'Iguana'. Xa está confirmada a presenza de David Bisbal, Orishas, El Sueño de Morfeo, Deluxe, Ilegales, Burning e Mercedes Peón, entre outros. Hoxe confirmouse que tamén estarán os grupos cataláns The Pinker Tones DJ e Macaco.

10/09/2007

3'4 (12 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso