Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Novo curso escolar

Os sindicatos denuncian o incumprimento dos acordos sobre a xornada lectiva


Etiquetas: CCOO, UGT, educación

A.S.R. AGN (Santiago).

Os sindicatos UGT, CC.OO, ANPE e CSI-CSIF acusaron á Consellería de Educación de incumplir os acordos firmados meses atrás en relación coa xornada lectiva do profesorado, e que se resumen nunha permanencia semanal dos docentes nos centros de 25 horas, fronte as 30 que rexían con anterioridade, e a redución de 25 a 21 das horas lectivas.

Dacordo co secretario de Ensino Público de UGT, Raúl Gómez Farto, a dous días de iniciarse o curso en infantil e primaria, estanse producindo situacións anómalas nalgúns centros, ó informarlles os inspectores de que manterán os horarios de antaño. Gómez Farto dixo ademais que se ben os comedores escolares funcionarán dende o primeiro día de clases, non se está dotando ós centros do personal que se precisa para que funcione este servizo.

Pola súa parte, José Manuel Fuentes Fariña, de CC.OO, pediu á consellería que clarifique coa maior rapidez a situación sobre os horarios e dea as instruccións oportunas ós centros para que se cumpra o acordado. Sobre a xornada única indicou que o seu sindicato non ten noticia de que ningún centro dos que chegou a solicitala lle fose denegada.

Porén matizou que neste terreo haberá que negociar coa Xunta tendo en conta os intereses de todos os integrantes da comunidade educativa, algo no que insistiu tamén o secretario autonómico de ANPE, Julio Díaz, quen cualificou de "preocupante" que acordos por escrito como o que firmou con educación en materia de horarios non se cumpran.

Os sindicatos afirman que mentres uns inspectores están informando de que se manterán os horarios do profesorado docente, facendo caso omiso do acordo (sobre todo en distintas zonas de A Coruña e na área de Vigo) non acontece o mesmo noutros lugares como a provincia de Lugo.

Dende a CIG-Ensino, destacaron que este inicio de curso "evidenciouse" que a conselleira de Educación, Sánchez Piñón, "non só non semellaba estar disposta" a aplicar o acordo, senón que as inspeccións "deron instrucións contrarias".

10/09/2007

3'8 (8 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso