Datos de interés

  • Venres 25.07.2008

Rodarán unha serie documental

A televisión coreana visita as Rías Baixas para facer sete programas


Etiquetas: Corea, Pontevedra, agro

Xeración /AGN (Santiago).

A costa galega xa non atrae só a turistas europeos que foxen das praias masificadas do sur de España para atopar un clima e unha cultura diferente. Despois de que "The Guardian" propuxese a praia de Rodas como a máis bonita do mundo e "The Independent" visitaba as Rías Baixas para escribir sobre a súa gastronomía, o mercado asiático comeza a interesarse tamén pola zona.

Deste xeito, e durante esta fin de semana, un grupo de personalidades de Corea percorrerán as Rías Baixas con dúas cadeas de televisión para gravar contidos para unha serie de programas de emisión nacional.

Entre eles atópanse importantes empresarios vitinícolas, cantantes profesionais de renome no país asiático e xornalistas das dúas cadeas nacionais: MBC e KBS, que visitarán a provincia de Pontevedra centrándose na relación entre turismo e gastronomía, coñecendo as principais vilas turísticas e o ambiente nocturno das Rías Baixas.

Sete programas de 25 minutos
A idea principal da visita consiste en gravar un serial de 7 programas de 25 minutos cada un, que se emitirán 5 veces nas dúas cadeas nacionais, nos que a importancia das personalidades que viaxan co grupo servirá de gancho para captar a atención da audiencia coreana.

07/09/2007

3'4 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso