Adela Figueroa Panisse.
Este ano celébrase o 125 aniversario da chegada da locomotora a Galiza, feito que Curros Enríquez deixou inmortalizado nos seus famosos versos: Velaí ven velaí vén avantando..
A ministra Magdalena Álvarez di que non se esquece de Lugo, en entrevista concedida a Ana Rosa Quintana (6/9/2007), mais a realidade semella outra ben diferente. Se comprobamos os trazados para as liñas de velocidade alta (non de alta velocidade, sic), Lugo non aparece en ningures.
Cómaros e corgos...
Mais non se trata de reinvidicar unha liña que pode ser de moi discutida efectividade para o desenvolvemento da Galiza e de grande impacto ambiental. O que marca as diferencias entre Lugo e as outras cidades de Galiza é o abandono (consciente ou non...) da sua comunicación por tren tradicional. É escandaloso que Lugo non teña liña férrea con Santiago. Esta tería que ser eficaz e rápida. De dupla vía electrificada para reducir o impacto ambiental por emisións de CO2. Desta maneira estariamos comunicados con Vigo e A Coruña. Hoxe hai apenas 2 trens diarios e lentos Lugo-A Coruña, mentres A Coruña-Vigo ten 29.
Unha segunda vía de comunicación coa costa da Mariña, faría de Lugo a porta de Asturias e Cantabria para accederen a Vigo e Portugal.
Parecía unha nosa Señora, unha Nosa Señora de ferro
Mentres, reclámase outra autoestrada: Lugo- Compostela, seguindo o Camiño de Santiago e pondo en perigo a súa consideración de Patrimonio da Humanidade. A alternativa máis barata sería facer un enlace en Teixeiro ata Lavacolla coa autovía Lugo-A Coruña (47Kms fronte100 Kmts). Os cartos que se aforraran poderían ir para mellorar a estrada vella, con carrís de aceleración e mantemento axeitado, así como para a vía férrea Lugo-Santiago, con paraxens en todas as vilas do camiño.
Detrás dela non veñen nen abades nen cregos/que ven a cultura , a civilización e o progreso.
O reequilibrio territorial implica comunicación. Rápida, eficaz e barata. Entre nós e cos outros pobos. Lugo debería de tirar vantaxe da súa posición xeográfica: Comunicándonos coa costa, integramos a provincia, e abrimos a porta ao norte e a Franza. Comunicándonos con Monforte, por dupla vía electrificada, achegámonos a Ourense e á Meseta. Santiago poríanos en contacto con Vigo e Portugal. Mais isto require orzamentos (non tanto coma o AVE que, de momento, voa lonxe) e vontade política. Desa que fai país, non da que comercia cos votos cada 4 anos. Ese condicionante é o máis dificil de acadar. Falamos de Desenvolvemento Sustentable e incrementamos a nosa dependencia enerxética do petróleo xunto cas nosas emisions de CO2 a atmósfera, mentras enviamos a nosa electricidade fóra con grandes disipacións polo transporte. Falamos de Plan Estratéxico e esquecemos integrar o noso territorio. Hai que deixar de tirar diñeiro público e a nosa pólvora en salvas.
E ti río dos grandes destinos, que cantas os trunfos ibéricos. O Miño, que percorre Galiza, cantará algún día a recuperación do lugar que lle corresponde a Lugo nos mapas?
10/09/2007
pois si... é certo. eu máis ben q falar de curros falarei daquelo q dicia rosalia de " galicia non mereces chamarte española, que españa de tí se olvida..."
coller un tren para ir a coruña desde monforte de lemos supón tres-catro horas, para ir a ourense q esta o lado: 1hora, eu unha vez acordouseme ir a ferrol e botei 6 horas no tren desde monforte.. de santiago xa non falemos... un ou dous ao día por 20 euros, eu q estudo en compostela prefiro coller un bus as oito da maña ou dez(diario) para ir.. e pagar 10 euros con 50 centimos co carnet xove. Total! que sí que é certo, pero q o conto xa é moi vello e non leva trazas de solucionarse porq en vez de invertir desmantelan (quen poida q vaia ver por exemplo a estación de monforte), os trens que comunican o rural galego coa parte occidental teñen 50 ou máis anos, aínda non sei se nalgun iria meu bisavo a guerra a marrocos (a servir a españa claro...
Pero que máis dá importalle a alguén? non o sei.. os que teñen o poder? eso é como cando ven un artista a galiza ou vai a portugal: sempre lle encanta o país, é o q mais lle gusta do mundo. a min q non me vendan a moto que queixarse non vale para nada, nada mudará a non ser que haxa interes na zona, é dicir: cartos. Miren pois a comunicacion da franxa atlantica coruña-compostela-vigo... porque esta tan ben: porq da cartos.
Fillos do capital!