Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Intercambio de arquivos

Entre un 25 e un 65% do tráfico de Internet móvese por BitTorrent


Etiquetas: P2P, internet

Marcos Ferro.

Seguramente o primeiro que se nos veña á mente cando falamos de Internet sexa a Web: páxinas que podemos visitar a través dun navegador, como esta noticia, sen ir máis lonxe. Ou ó mellor, no correo electrónico. Pero á hora de falar da cantidade de datos que se transmiten en Internet, os verdadeiros amos do fío son os protocolos P2P, destinados a transmitir grandes cantidades de datos entre iguales, é dicir, sen estar gardados nun servidor único. O intercambio de arquivos mediante P2P xera, segundo as estatísticas publicadas pola empresa Ipoque, entre o 50 e o 90% do tráfico de datos na rede.

E entre os distintos protocolos P2P, o líder en 'devorar' o ancho de banda é un dos últimos en chegar, o BitTorrent, que supera por segundo ano consecutivo ó eDonkey, a rede usada polo coñecido programa eMule, entre outros.

BitTorrent consume, segundo este estudio, entre o 50 e o 75% do tráfico dos protocolos P2P. E se contamos todo Internet, entre o 25 e o 65% dos datos da rede flúen polo BitTorrent. As cifras presentan unha marxe moi ampla pola grande dificultade de contabilizar a tódolos operadores do mundo, pero aínda que só fagamos caso das cifras máis conservadoras, os resultados anuncian que a cuarta parte dos datos do mundo pasan por BitTorrent.

Unha tecnoloxía moi recente
BitTorrent naceu no ano 2001, aínda que non se popularizou entre o gran público ata os últimos anos, polo que ten menos usuarios e arquivos que a rede eDonkey. Está optimizado para unha rápida transmisión de arquivos de grande tamaño, e os usuarios que teñen os datos e os que os desexan conectan entre eles de forma case instantánea, ó contrario que as grandes 'colas' da 'Mula'.

Estas características fixeron que as empresas que precisaban transmitir grandes cantidades de datos se fixasen en BitTorrent e decidisen que era unha tecnoloxía demasiado boa como para afogala en denuncias. Ademais da velocidade de descarga para arquivos grandes como películas ou software, o custo en ancho de banda redúcese exponencialemente, porque os usuarios que xa teñen os arquivos actúan tamén de fontes para as novas descargas.

Isto puxo a salvo á empresa de denuncias, mentres outras caían, acusadas de favorecer á copia ilegal de películas, software e música protexido por dereitos de autor. Sen embargo, BitTorrent adaptouse ó mercado e na súa páxina oficial podemos mercar películas e series de televisión de grandes produtoras como Paramount, Warner Bros, Fox, entre outras.

Mentres, o protocolo, libre, segue popularizándose entre os seus usuarios con opcións para todos os gustos, dende as que piden a berros que as copien, ata as 'piratas'.

04/09/2007

5'0 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Peers
Un esquema do funcionamento dun sistema P2P: non hai un servidor central. (Foto:wikipedia.org)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso