Datos de interés

  • Luns 08.09.2008

Recuperar a Memoria

Comeza a exhumación de dúas foxas comúns en Ponteareas


Etiquetas: Ponteareas, historia, Guerra Civil

AGN.

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica comeza hoxe luns os traballos de exhumación de dúas foxas comúns da Guerra Civil en Xinzo e Areas, no concello pontevedrés de Ponteareas. As tarefas estarán dirixidas polo arqueólogo Javier Ortiz, que durante esta semana se encargou dos traballos na foxa do Amenal, no concello do Pino.

Para Dolores Rodal, a exhumación da foxa de Xinzo é algo que leva agardando máis de 70 anos. Espera poder darlle un enterro digno ao seu irmán Ángel, que tiña tan só 18 anos cando foi asasinado. Trátase de conseguir algo de xustiza para unha familia que padeceu a represión da Guerra Civil e do franquismo de forma atroz.

O pai de Dolores, José Rodal, foi detido e botou anos preso na Illa de San Simón e no Fuerte de San Cristóbal (Navarra). A súa nai, Dolores Blanco, foi detida e condenada a ser fusilada. Os disparos non lle causaron a morte, sobreviviu e fuxiu ao monte. Pero entregouse e a súa condena levouna a pasar seis anos de prisión nos cárceres de Pontevedra e Saturrarán (Guipúzcoa). Un dos seus irmáns fuxiu ao exilio a Francia, de onde non regresou ata a morte de Franco, mentres que o outro, Ángel, foi 'paseado' en abril do 37.

Dolores asegura que acudirá á excavacións cos seus fillos e netos, e que conta os minutos para ver chegar o momento no que a terra lle devolva os restos do seu irmán Ángel.

Trece civiles asasinados
Segundo informa a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, na foxa de Xinzo serán exhumados os corpos de Manuel Cividanes, de 37 años (Coia, Vigo); Manuel Álvarez Pereira, de 38 (Teis); Manuel Enrique Quintas Figueroa, de 39 anos (Teis); Serafín Chaves Bispo, de 42 anos (Vigo); Perfecto Méndez Pastoriza, de 52 anos (Teis); Clemente Calvar Solla, de 44 anos (Domaio, Moaña); Ángel Rodal Blanco, (Cangas) e Francisco Aldao Gallego, de 35 anos (Bueu).

Todos eles foron asasinados nos primeiros días de abril de 1937 e, segundo figura nas súas actas de defunción, faleceron a causa de “traumatismos por disparo de arma de fogo”.

En Areas serán exhumados os corpos de Saturnino Vila Quiroga, de 59 anos; Serafín Rodríguez, de 45 anos; Manuel Pérez Vila, de 56 anos; José Ramírez Vila, de 39 anos; e José Rodríguez Carrera, de 41 anos. Todos eles eran veciños do Porriño e foron asasinados o 29 de decembro de 1937.

Dúas familias sen localizar
As familias de dous dos asasinados, Perfecto Méndez Pastoriza e Serafín Chaves Bispo, non puideron ser localizalas despois das pesquisas dos investigadores. Os impulsores dos traballos de recuperación dos corpos fan un chamamento a calquera persoa que poida proporcionar albunha información para a súa localización.

03/09/2007

5'0 (2 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso