Datos de interés

  • Luns 22.03.2010

Investigación xudicial

A Fiscalía do TSXG admite a trámite a denuncia pola xestión da Cidade da Cultura


Etiquetas: Cidade da Cultura, xustiza, TSXG

Xeración.

O novelo da Cidade da Cultura enguedéllase cada vez máis. O último nó do fío márcao a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao admitir a trámite a denuncia por presuntas irregularidades na xestión do faraónico proxecto do monte Galiás.

A denuncia fora presentada o pasado 13 de agosto por tres integrantes da CIG a título persoal: Mar Peteira, Xan Carlos Ansia e Xosé Manuel López Viqueira. Os tres forman parte ademais da recentemente constituída plataforma 'Cultura Si, Mausoleo Non'. Remitiron á Fiscalía o informe do Consello de Contas sobre a Fundación da Cidade da Cultura, acompañado doutras informacións. Reclamaban que o TSXG iniciase un proceso penal contra os responsables do proxecto.

Tras un primeiro estudo, a Fiscalía admite a trámite a denuncia, ao enteder que poden existir "indicios de criminalidade" na xestión do proxecto do Gaiás. Agora, correspóndelle ao Xulgado de Instrución número 2 de Santiago, presidido por Francisco Javier Míguez Poza, instruir a causa e investigar a denuncia en profundidade.

A comisión en entredito
Os denunciantes amósanse satisfeitos con esta decisión da xustiza de investigar "o despilfarro" que supuxo o proxecto do Gaiás. Consideran ademais que esta decisión do Fiscal pón en entredito a necesidade da comisión parlamentaria sobre o proxecto do monte Gaiás ao considerar que "se o TSXG admitiu a denuncia foi porque observou indicios de irregularidades".

Con todo, non parece que a decisión xudicial vaia supor a paralización da comisión parlamentaria. Precisamente, antes de coñecerse a decisión da Fiscalía semellaba que por fin había un acordo entre os tres grupos parlamentarios en que a Cámara galega investigase "a fondo" a xestión do Gaiás, tanto no que respecta ao goberno do PP como ao bipartito.

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, reiteraba esta mañá en declaracións á Radio Galega que comparecerá na Comisión parlamentaria e que non porá ningún tipo de obxección á investigación da Cámara da xestión da súa consellería. Sobre a decisión da Fiscalía, a Bugallo non quixo facer valoracións, cando menos ata que haxa unha sentenza.

"Se piden colaboración, darémola"
O secretario xeral do PPdeG, Alonso Rueda, asegurou que o partido está "absolutamente tranquilo" ante esta investigación xudicial sobre a Cidade da Cultura e non dubidou en ofrecer a colaboración dos populares á autoridade xudicial, asegurando que "se nola piden, darémola dende o principio".

Asimesmo sinalou que a investigación xudicial é "perfectamente compatible" cunha investigación política no Parlamento de Galicia e precisou que non existe ningún problema para que ambas se desenvolvan "de xeito simultáneo".

31/08/2007

3'8 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Vista aérea das obras do monte Gaiás (Foto: Fundación Cidade da Cultura)
Vista aérea das obras do monte Gaiás (Foto: Fundación Cidade da Cultura)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso