Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Por 1,8 millóns de euros

Cortegada recuperou hoxe a titularidade pública despois de cen anos en mans privadas


Etiquetas: Illa de Cortegada

Cortegada volve ser unha illa pública despois dun século nas mans privadas. A illa foi o agasallo que o rei Alfonso XIII recibiu dos veciños de Carril en 1910, nunha tentativa de potenciar turisticamente a zona.

Betti Vázquez (Santiago).

Cortegada recuperou hoxe a titularidade pública. Despois de cen anos en mans privadas, a Xunta asome a propiedade desta illa de escasas cinco hectáreas, bañada pola ría de Arousa, a cambio dun talón por valor de 1,8 millóns de euros que lle será entregado á compañía inmobiliaria propietaria da illa.

Coa entrega do cheque, fixado para esta mañá no Concello de Vilagarcía, pónselle o punto e final ó proceso de expropiación forzosa emprendido polo Goberno galego.

A vila pontevedresa celebrará o domingo a conquista da illa para desfrute público cunha serie de actos de entrega oficial, que inclúen a proxección dun documental sobre a historia da propia illa e unha visita a esta, na que participarán o presidente Touriño e o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.

Un agasallo á Coroa
Cortegada foi o agasallo que o rei Alfonso XIII recibiu de mans dos veciños de Carril en 1910. Os veciños de Vilagarcía quixeron lanzar á zona ó mundo do turismo, aproveitando o progreso que supoñía o recén chegado ferrocarril na mellora das comunicacións. E para darse a coñecer regaláronlle a illa á realeza para que veranease nela.

O actual propietario fíxose co enclave hai corenta anos, cando o fillo do monarca, Juan de Borbón, lla vendeu por sesenta millóns de pesetas. Resta dicir que nos actos do domingo está prevista a entrega de medallas a todas aquelas persoas que loitaron durante anos para que Cortegada volvese ser pública.

Entre elas atópanse o pai da actual rexedora de Vilagarcía e o seu irmán, que presentaron unha demanda conta a coroa por vender un ben co que Carril agasallara a un monarca.

Máis illas públicas
Cortegada está incluída no Parque das Illas Atlánticas, do que tamén forman parte as Ons, as Cíes e a illa de Sálvora. Esta última atópase entre as ansias de expropiación do Goberno central, que xa en xuño anunciara o exercizo dos seus dereitos de tanteo para poñer á illa en mans públicas.

Sen embargo, polo de agora as preocupacións do Ministerio de Medio Ambiente céntranse en Montaña Clara, un illote de ensoño situado fronte a Lanzarote da que os seu actual propietario, un ex procurador de Cortes con Franco, quere desfacerse a cambio de nove millóns de euros. O Ministerio non sabe aínda por que porcentaxe da illa debe poxar, e que di que máis da metade da illa xa é actualmente de dominio público.

30/08/2007

5'0 (3 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Vista aérea da Illa de Cortegada. Foto: Ministerio de Medio Ambiente
Vista aérea da Illa de Cortegada. Foto: Ministerio de Medio Ambiente

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso