Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Datos do INE

A economía medrou en España un 4% no segundo trimestre do ano


Etiquetas: PIB, emprego

No segundo trimestre do ano a economía española rexistrou un crecemento do 4%, segundo os datos de Contabilidade Nacional Trimestral que hoxe fixo públicos o INE. O gasto en consumo segue baixando pola diminución da demanda nacional, e no último ano creáronse ata 590.800 empregos a tempo completo.

AGN (Santiago).

No segundo trimestre do ano, a economía española medrou nun 4%, unha décima menos ca no trimestre anterior. Así o indican os datos de Contabilidade Nacional Trimestral publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

O Ministerio de Economía cualifica as cifras de "moi positivas", xa que se traducen nun crecemento económico equilibrado en canto á súa composición. Así mesmo, a formación bruta de capital fixo mantén o seu crecemento, grazas ó bo comportamento das inversións en bens de equipo.

No relativo ó gasto en consumo, continúa cunha suave desaceleración por mor da diminución da demanda nacional, que aportou ó crecemento interanual do PIB ata 4,9 puntos porcentuais no segundo trimestre do 2007, unha décima menos ca no trimestre anterior.

En termos xerais, a economía española medra por enriba das economías da Unión Europea. Ademais, no conxunto do estado, obsérvase tamén un comportamento favorable das exportacións, que aumentan máis cás importacións.

Emprego
O emprego medra a taxas do 3,2% anual. Esta cifra equivale á creación de 590.800 empregos a tempo completo no ano, e 204.600 no último trimestre.

Analizando os datos por sectores, destaca o bo comportamento do sector servizos, cuxa taxa de crecemento pasa do 3,4% dos tres meses anteriores ó 3,6% deste. A construción medra unha décima, ata o 7,7%. E, finalmente, a agricultura e a industria perden emprego, cunha caída do 3,2 e do 0,3%, respectivamente.

29/08/2007

3'7 (3 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso