Datos de interés

  • Venres 03.09.2010

Brasil

Lula Da Silva: ''Cando un político se cre imprescindible, nace un pequeno ditador''


Etiquetas: Lula, Brasil

Axencias.

O presidente brasileiro Ignacio Lula da Silva reiterou nunha longa entrevista o xornal 'Estado de Sao Paulo' a súa intención de non presentarse á reelección unha vez que o seu segundo mandato remate no 2010. “Non haberá un 'se o pobo o demanda'. Remato o 31 de decembro e pasarei entón a banda presidencial a outro presidente da República o 1 de xaneiro de 2011 e irei preparar entón o coello asado que non fago dende hai máis de cinco anos”.

“Non existe ninguén que non sexa substituíble ou que sexa imprescindible. Cando un dirixente político comeza a pensar que é imprescindible, comeza a nacer un pequeno ditador”, reiterou Lula da Silva. Unha crítica que, mesmo se nomealos, parece dirixida a políticos sudamericanos como Hugo Chávez ou Evo Morales que preparan reformas constitucionais que posibiliten a súa reelección.

Malia isto, afirma que non se manterá á marxe do próximo proceso electoral. “Non serei neutral. Teño postura política, teño partido, e quero subir ó estrado [para apoiar a outros candidatos]”. 

¿Unha presidenta?
E mesmo se aínda é cedo para saber quen será o que reciba o seu apoio, non descarta que o próximo candidato do Partido dos Traballadores (PT) sexa unha muller, como a xefa do gabinete Civil, Uma Dilma Rousseff, ou Marta Suplicy, antiga alcadesa de Sao Paulo e actual Ministra de Turismo. “As mulleres están en ascenso. Se Cristina Kirchner gaña en Arxentina e Hillary Clinton en Estado Unidos, nós imos ter unha onda de 'sexo forte' disputando as eleccións (...). Creo que é posible ter unha muller na presidencia.”.

Na entrevista, Lula tamén fala da metamorfose que sufriu o seu partido e a súa propia postura dende que se presentara por primeira vez á elección presidencial en 1989, “Non é posible que as persoas queiran que o partido do 2007 sexa o mesmo que o de 1989.

Sobre as diverxencias que esta transformación suscita no seo do partido, Lula afirma que "esa diversidade do PT é o que permite que a xente non vaia para a ultra-esquerda nin para a dereita. Que  un fique nunha posición intermedia da política que pode ser posta en práctica, daquilo no que é posible estar de acordo coa realidade”.

27/08/2007

4'4 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Lula da Silva, na súa segunda investidura como presidente de Brasil (Foto: presidencia.gov.br)
Lula da Silva, na súa segunda investidura como presidente de Brasil (Foto: presidencia.gov.br)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso