Datos de interés

  • Sábado 04.07.2009

Mitin en A Fonsagrada

Touriño anuncia a creación dunha comisión de investigación sobre a Cidade da Cultura


Etiquetas: Lugo, PSdeG, Touriño, Zapatero

Xeración /AGN (Santiago).

O presidente da Xunta de Galicia e secretario xeral do PsdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, anunciou hoxe nun acto político na Fonsagrada que o Goberno galego proporá a creación dunha comisión parlamentaria para investigar “ata o final” a xestión do Partido Popular nas obras da Cidade da Cultura, despois de que un informe do Consello de Contas puxese en evidencia, dixo, “as irregularidades, o despilfarro e o caos” que rodean a este proxecto do anterior Executivo autonómico.

“O Goberno que presido non chegou con vocación de mirar cara atrás, de levantar alfombras, e non o fixemos”, afirmou Pérez Touriño, “pero ante a situación xerada”, dous anos despois de asumir o poder, “dende a tranquilidade, o sosego, a estabilidade e a confianza abriremos esa investigación para que toda Galicia saiba como xestionaba o Partido Popular os cartos de tódolos galegos”.

Pérez Touriño recoñeceu que “as institucións funcionan e o Consello de Contas acaba de facer o seu traballo”, polo que “esas actuacións están xa en mans da Fiscalía”. Neste senso, o presidente da Xunta dirixiuse a Núñez Feijoo afirmando que tanto el como Rajoy “deben dar un paso ó fronte e asumir a responsabilidade que lles corresponde na xestión política do Partido Popular”.

Acusacións cruzadas
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo respondeu acusando ó PSdeG e a Touriño de intentar “manchar” o nome do seu partido coa posta en marcha de iniciativas como a creación dunha comisión de investigación no Parlamento de Galicia para dar luz ás supostas irregularidades cometidas polo PP na xestión da Cidade da Cultura.

Feijoo manifestou o seu abraio ante o pulo desta comisión que se ampara no informe do Consello de Contas correspondente ó ano 2004 e que, segundo explicou, tamén “tira das orellas” ó actual Goberno por “adxudicacións irregulares” por valor de 80 millóns de euros e “por non controlar ós adxudicatarios”.

Investimento en infraestruturas
Touriño realizou o seu anuncio no concello lucense de A Fonsagrada que recibiu tamén a visita do presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, quen asistiu a unha comida mitin do PSOE. Alí, o responsable do Executivo anunciou que o Goberno central investirá en Galicia o 8% dos orzamentos destinados a infraestruturas de cara a 2008.

Así, o titular do Executivo central sinalou que antes de que remate o 2007 estarán en obra ou en servizo tódolos tramos na Autovía do Cantábrico (A-8) que trascurre por Galicia e por Asturias. Ademais, tamén anunciou “avances” na autovía Santiago-Lugo.

25/08/2007

2'5 (2 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Touriño afirmou que o PP ten que asumir as súas responsabilidades (Foto: Pepe Alvez. AGN)
Touriño afirmou que o PP ten que asumir as súas responsabilidades (Foto: Pepe Alvez. AGN)

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso