Ramudo.AGN (Lugo).
O equipo de arqueólogos da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) desprazado en A Fonsagrada está buscando unha terceira foxa común a poucos metros de onde apareceron as outras dúas, nas proximidades do alto de O Acevo, no límite entre as provincias de Asturias e Lugo.
A coordinadora das escavacións, Carme García Rodeja, confirmou que nese enterramento poderían atoparse “un ou tres cadáveres” dos membros do Batallón Galicia que foron asasinados a finais de outubro de 1937.
Trece corpos recuperados
Na segunda fosa común, descuberta onte, apareceron os cadáveres doutras tres persoas, que sumados ós dous que foron enterrados no cemiterio de A Fonsagrada e ós oito que apareceron no primeiro día de escavacións, o pasado venres, fan un total de 13 corpos recuperados.
García Rodeja confirmou que a procura deste último enterramento está sendo realmente complicado, ó igual que o foi a localización do segundo. Recoñeceu que a primeira fosa común, localizada unha hora despois de que comezasen as escavacións, estaba perfectamente documentada, mentres que no caso das outras dúas, o equipo guíase por referencias e indicios aportados por testemuñas presenciais.
16/08/2007