Datos de interés

  • Luns 12.05.2008

Polémica en 'Los Simpson'

O actor brasileño que dobra a Homer Simpson demanda á Fox por 'apropiación indebida' da súa voz


Etiquetas: televisión, cine

O actor que dobra ó Homer do Brasil presentou unha demanda contra a distribuidora norteamericana Fox polo que considera un uso indebida da súa voz nos DVDs en portugués da serie. Así o manifestou no xornal O Globo.

Xeración (Santiago).

Homero Simpson, o Homer do Brasil, vén de demandar á distribuidora norteamericana Fox polo que considera uso indebido da súa voz nos DVDs en portugués da serie. Así o indicou Waldyr Sant'ana, o actor brasileño que lle dá voz ó pai da familia amarela.

Sant'ana non participou na versión portuguesa do recén estreado filme Los Simpson, e demandou á Fox "por crer que se trata dunha apropiación indebida da miña voz, sen que reciba porcentaxe algunha derivada da venda dos DVDs da serie", tal e como explicou no xornal brasileño O Globo. O actor, que realiza dobraxes dende 1958 e cuxa voz os brasileiros asocian ó célebre devorador de rosquillas, asegurou que "hai expresións de Homer, hoxe populares, que creei eu".

A dobraxe de voz está protexida no Brasil pola Lei de Dereitos de Autor de 1998, que considera que os propietarios das voces posúen dereitos vinculados ás creacións intelectuais. Sen embargo, Elie Wahaba, vicepresidente da división da televisión Fox para América Latina, argumentou nas páxinas de O Globo que "cando contratamos un dobrador, estamos pagando pola totalidade dos seus servizos". E acusou a Sant'ana de facer "demasiado ruído" e de apropiarse de Homer Simpson.

A familia amarela, en folga
Non é esta a primeira vez que as voces da familia amarela se levantan en pé de guerra. A polémica xa se levantara en México cunha folga na produtora Grabacións e Dobraxes Internacionais S.A, cando Bart, Homer, Marge, Lisa e o Sr. Burns mexicanos esixiron melloras laborais. A compañía non accedeu ás peticións, e as cinco voces abandonaron finalmente ós seus personaxes.

16/08/2007

3'0 (2 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Homer Simpson
Homer Simpson

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso