Xavier Feixoo.
A presencia galega segue a palparse pola cidade da Habana. Moitas das fotos dan fe da grande puxanza que tivo a comunidade galega na illa de Cuba. Dende a impoñente e impresionante presencia do antigo Centro Galego no centro da Habana, moi preto do Capitolio e do Pazo Presidencial, o panteón da Sociedade de Naturais de Ortigueira (o máis grande de Cuba), ata escoitar o son da gaita nas rúas da Habana Vella.
A Habana tivo unha grande importancia na nosa cultura, proba diso é que os nosos tres símbolos, a bandeira , o escudo e o himno viñéronnos alén do mar. Coñecida foi a grande forza que chegaron a acadar as sociedades galegas na Habana e noutras cidades cubanas, así como o labor benéfico, instrutivo e cultural que chegaron a desenvolver (creación da Academia Galega da Lingua, publicacións periódicas, edición de libros en galego ('Follas Novas', 1880) foi editado na Habana e vai dedicado por Rosalía de Castro á ¨Sociedade de Beneficiencia d´os Naturales de Galicia¨ da mesma cidade) , etc.
Fotos: Xavier Feixoo
13/08/2007