Datos de interés

  • Sábado 04.07.2009

Sindicato Labrego Galego

Mobilizacións contra a creación dunha zona de protección de aves na Limia


Etiquetas: medio ambiente, Xunta

Xeración /AGN (Santiago).

O Sindicato Labrego Galego (SLG) anunciou que emprenderá unha serie de mobilizacións contra a creación dunha Zona Especial de Protección de Aves (ZEPA) a comarca ourensá de A Limia. O responsable do sindicato agrario na localidade, Anxo Pérez, manifestou que despois de “procurar un diálogo non frutífero” co Conselleiro de Medio Ambiente e o Director Xeral de Conservación da Natureza, os agricultores comezarán as súas protestas “en canto terminen de recoller o cereal das súas terras de cultivo”.

O sindicato denuncia que a creación da ZEPA nesta comarca ourensá dificultaría a evolución das explotacións agrarias e a “paralización das obras de ampliación do sistema de regadío, que se atopa en pleno proceso de modernización”.

Anxo Pérez reclamou información ás institucións da Xunta e asegurou que agora “xa é tarde porque temos un mes para facer as alegacións”.

Proxecto polémico
A ZEPA da Limia abarcará 10.634 hectáreas e dende que o pasado 13 de xullo os agricultores amosaron o seu descontento, xa que consideran que haberán importantes perdas en cultivos como o do cereal e restricións no uso de produtos fitosanitarios.

Pola súa parte, Medio Ambiente afirmou no seu momento que “non terá ningún impacto negativo” e que “nunca se lle deu a espalda á participación dos veciños neste proxecto”. Explicaron tamén que este novo espazo é compatible con actividades tradicionais, xa que favorecen a creación dos hábitats precisos.

A Consellería adoptou esta decisión co fin de que Galicia cumpla coas esixencias da Unión Europea, que condenou recentemente a España por dispor de insuficientes hábitats de interese para a conservación de aves.

08/08/2007

1'0 (1 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso