Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Cómic e Ilustración

O vigués Jacobo Fernández obtén o Premio Banda Deseñada Castelao


Etiquetas: cómic

Anxa Correa. AGN (Santiago).

O autor de cómic, ilustrador e pintor vigués Jacobo Fernández, é o gañador da terceira edición do premio Banda Deseñada Castelao, convocado pola Deputación da Coruña e dotado con 6.500 euros e a publicación da obra.

O presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, anunciou hoxe na Coruña o fallo do xurado, que elixiu por unanimidade distinguir o autor pola obra 'Aventuras de Cacauequi' de entre os oito candidatos.

O xurado concedeu tamén un accésit, aínda que non trascendeu aos medios o nome do autor, xa que a organización non puido contactar previamente con el.

Composto pola deputada responsable de Cultura, Caridad González; o gañador da anterior edición, Antonio Seijas, e os autores Miguelanxo Prado, Agustín Fernández Paz, Ángel de la Calle e Carlos Portela, o xurado valorou a obra por ofrecer "unha historia na que o autor crea un mundo propio e orixinal, tanto no plano artístico como narrativo".

Algo diferente
A historia destaca por estar narrada cunha estrutura "novidosa" e por crear un mundo fantástico que reflicte "unha ollada inxenua e madura a un tempo, non exenta de amargura, sobre as relacións humanas".

A orixinalidade plástica da proposta, que "bebe das fontes clásicas da ilustración, sabiamente asimiladas", foi outro dos factores que xogaron a favor da obra de Fernández.

Sobre o autor
Nado en Vigo en 1971, Jacobo Fernández é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid en 1994 e creador da serie dos 'Arquivos de Archimboldo Roque' para a revista Golfiño.

As súas creacións formarán parte dunha exposición que se exhibirá no Kiosco Alfonso da Coruña no transcurso da nova edición de 'Viñetas desde o Atlántico'.

No Salón presentarase a obra gañadora da segunda edición do premio Castelao, 'Un home feliz', de Antonio Seijas.

O premio Banda Deseñada Castelao é un máis dos certames que convoca a Deputación da Coruña para apoiar a novos creadores da plástica e impulsar a creación nos eidos da literatura, a poesía, a fotografía, o ensaio histórico e as artesanías.

02/08/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

o que gañou o Premio Banda Deseñada Castelao Fonte: Blog persoal do autor
Portada do libro 'Aventuras de Cacauequi' co que gañou o Premio Banda Deseñada Castelao Fonte: Blog persoal do autor

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso