Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Festiclown

A chuvia frea a primeira xornada do "desclowntrol"


Etiquetas: festiclown

Anxa Correa (Santiago).

Provistos de chuvasqueiros e paraugas, nenos e maiores, algún con acento estranxeiro, gozaron este mércores das primeiras xornadas na rúa do Festival Internacional de Clown de Compostela, o Festiclown.

E iso que unha das súas actividades, 'Desclowntrol nas rúas', tivo que suspenderse por mor das chuvias. A Invasión Zancuda e a Bandaclown non puideron saír a sorprender aos paseantes do casco histórico compostelán a causa do perigo que supoñían as lousas molladas, segundo informou hoxe a organización do festival. Porén, para o xoves prevese unha mellora da meteoroloxía e un desenvolvemento "normal" do programa.

Ao tempo, as actuacións incluídas no Maraclown tiveron que trasladarse aos soportais próximos ás prazas do Obradoiro, Praterías e do Toural, previstas como escenarios para a maratón de paiasos. A Maraclown continuará o xoves nas prazas da zona vella ás 12, 13, 14, 19, 20 e 21 horas.

A compañía Malabreikers celebrou o seu espectáculo de Certame Exterior na Aula de Cultura da Fundación Caixa Galicia a partir das 20.30 horas, en lugar de no Toural, onde estaba previsto. Por último, Claudia Contín ofreceu tamén hoxe ás 19 horas na praza da Inmaculada unha demostración do curso de movemento teatral, que imparte no Formaclown.

Programación
Para hoxe tamén se agarda a actuación de Boni, co espectáculo de malabares 'In Situ' no Toural a partir das 20.30 horas, mentres que La tribu imaginaria ofrecerá 'La orgía' a partir das 23.30 horas, ambos dentro do Certame Intergaláctico.

Johnny Melville fará unha demostración itinerante do aprendido polos seus alumnos, que partirá da Alameda ás 19 horas. A esa mesma hora, o gañador do Certame Intergaláctico de Interior do ano pasado, Fredi, ofrecerá unha actuación do seu espectáculo 'Circanelo' no Toural.

A Mostra Internacional acollerá a función de 'Pésame mucho' de Pez en Raya, que conta a historia dunha vaca tola que dá leite negro ata que se descobre que está poseída por un diaño desdentado.

O polémico Leo Bassi estará a partir de mañá en Compostela, onde presentará o libro 'La revelación', sobre o espectáculo que levará o venres á Mostra Internacional.

01/08/2007

5'0 (13 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Información relacionada

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso