Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Claudia Contín e Ferrucho Merisi

Educación ao vello estilo de 'La Commedia dell'Arte'


Etiquetas: festival, teatro, Festiclown

Iolanda Fernández (Santiago).

Claudia Contín é coñecida no mundo enteiro como a primeira e única Arlecchino muller, ademais de ser experta en mimo e dialéctica corpórea. Ao seu carón está Ferruccio Merisi, que entre sorrisos comenta que é director teatral especialista en coreografía contemporánea. Levan xa moito tempo traballando xuntos na Scuola Sperimentale dell´Attore, que eles mesmos fundaron no seu país natal, Italia.

Durante os tres primeiros días do Formaclown tentaron transmitir as súas experiencias a 24 mozos que, o mércores pola na tarde na Praza da Inmaculada nos amosaron os seus avances e descubrimentos nas técnicas do movemento teatral.

Pallasos minimalistas
Tanto Claudia como Ferruccio pretendían que tanto os alumnos como o público do Festiclown, puidesen ver algo distinto. Ver e incluso probar a experiencia de comunicarse a través do noso propio corpo e coa nosa voz. Sen ningún outro apoio.

O curso, segundo a organización do Festival e os profesores, pretendía ser unha introdución formativa ao movemento teatral. Traballarían a dialéctica corporal, a construción do personaxe físico, os espazo e a relación con el, o movemento e a voz, o uso da máscara, a través de exercicios de mino, Commedia dell´Arte, a técnica biomecánica, a danza libre e a improvisación sobre o espazo.

E, foi precisamente a danza libre e a improvisación sobre o espazo o que máis lles gustou aos asistentes á demostración pública. Os alumnos canturreaton dúas das cancións populares galegas máis coñecidas e co seu corpo transmitíronnos todo o seu significado. "Para vir a xunto a min, vai lavar a cara, vai lavar a cara, galopín...", "Eu queríame casare... miña nai non teño roupa..." ou "eu chorar chorei o domingo á tarde...". Ademais doutros exercicios cos que exercitaban a voz acompañados de novas formas de moverse.

De palique cos profesores
P: Entre os dous puxestes en marcha a Escola Experimental do Actor, pero que obxectivos persegue este proxecto?

R: (Ferruco Merisi) A función da Escola radica nun principio xeneracional. Había unha xeración que tentou traballar por un teatro vivo. Un teatro popular e ao mesmo tempo intelixente. Un teatro desindustrializado, artesanal, artístico. A idea da Escola é formar, un actor que sexa quen de traballar neste tipo de teatro.

P: Entón, Ferruco, debo imaxinar que as clases que impartides na Escola e as do Formaclown evidentemente teñen unha esencia común?

R: A esencia é a mesma, por suposto. Pero, debo comentar que estes cursos están de moda e por riba son moi curtos. Nos non cremos que o que temos que facer é transmitir un sistema, que o que facemos en Italia. Aquí, vimos para transmitir unha experiencia a través do noso método. O que queremos é axudar ao crecemento do alumno/actor a través dunha pequena viaxe.

P: Se cada un de vos me tivese que falar do exercicio máis importante de todo o curso, con cal quedariades?

R: (Ferruco Merisi) Para min o máis importante é  saber que existe un nivel "estético do movemento" que é o centro do actor. O significante deste nivel é moito máis importante que o significado. E os artistas teñen que aprender isto.

R: (Claudia Contin) O exercicio máis importante é o que axuda a coñecer tódalas partes do corpo. Non nos podemos conformar cos movementos cotiás do noso corpo, saudar, sentarnos, etc. O corpo ten moitas formas de moverse, por exemplo, hai moitas formas de camiñar. E con isto ti podes facer unha escultura en movemento, podes proxectar un novo personaxe, podes construílo. É pois un traballo de análise do corpo do actor.

P: Claudia, nas clases tendes 24 alumnos, son todos profesionais? Podería asistir un aprendiz?

R: Si, unha boa parte dos alumnos son profesionais. Eu non creo que neste tipo de cursos sexa necesaria unha formación de base. É algo novo. Todos parten do mesmo. Todos son principiantes. Pero aínda así é certo que hai xente que ten moita experiencia e outra que aínda está empezando.

P: O mércores ás sete e media, na Praza das Inmaculada, poderemos ver unha pequena mostra do voso traballo nos últimos tres días, con que nos imos atopar? Haberá unha gran posta en escena?

R:  Non, non. Imos ir vestidos coa roupa que teñamos posta na tarde. A nosa intención non é facer un espectáculo. Queremos demostrar que o corpo pode expresarse por si só. Determinada roupa, podería ser incuso, un elemento de distracción. Intentaremos que sen nada, o actor co seu corpo e coa súa voz poda chegar ao público.

P: Hai quen asegura que o teatro clown non ten moitos seguidores...

R: Non, ten moitos seguidores. É máis seguido incluso que o teatro tráxico. O problema é que pasa desapercibido para os medios. Aínda así, temos a posibilidade de ir ao teatro ou ter ver determinadas canles que nos ofrecen este tipo de programación. Somos afortunados. Pero, se os medios o desen a coñecer, estou segura de que ao público lle gustaría moito máis este tipo de teatro.

02/08/2007

4'5 (2 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Información relacionada

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso