
05.08.07 | 23:59 Iolanda Fernández Non lles dicimos adeus, pero si ata a próxima aos pallasos, aos mimos e aos malabaristas que encheron de cor as rúas de Compostela. O Festiclown 2007 rematou. É hora de facer balance.
05.08.07 | 18:30 David Cabezón/Malena Seage Tan vello como o propio festival, o Formaclown difumina as diferencias entre os profesionais, os afeccionados e os que nunca antes se puxeran o nariz vermello. Este ano foron 13 os cursos de formación de pallasos, impartidos por algúns dos clowns máis afamados do panorama internacional (video).
05.08.07 | 16:59 David Cabezón/Malena Seage 5 días. máis dun cento de actuacións. O Maraclown é a esencia máis pura do espectáculo dos pallasos, en contacto directo co público, que a maior parte das veces ten que deixar a vergoña e a pasividade para converterse nun actor dos xogos que propoñen os pallasos (video).
04.08.07 | 13:26 Anxa Correa A aula de Jesús Jara ábrese ao público e asistimos a un cásting de pallasos. Non se trata de pallasos profesionais, algúns deles comezaron hai cinco días. Profesores, persoal sanitario, actores e incluso 'doulas', acompañantes en partos naturais, saen ao escenario para converterse en científicos, bombeiros ou o que se lles bote por diante, sempre tralo nariz vermello. A única que queda fóra é a vergoña.
03.08.07 | 23:24 Jesús Rey O Festiclown segue a bo ritmo. Os alumnos que asisten ós cursos do Formaclown xa mostran as súas habilidades polas rúas e mentres, o maratón de actuacións nas plazas compostelás, o Maraclown, congrega cada vez a máis xente (fotos).
02.08.07 | 22:11 Anxa Correa/María Munín O público cambia hoxe os paraugas e os chuvasqueiros polas gorras e os lentes de sol, pero o fervor é o mesmo. Os pallasos ofrecen ataques sorpresa por distintos lugares do casco histórico compostelán a nativos e forasteiros, que buscaban os soportais, desta vez para protexerse do sol.
02.08.07 | 18:08 Iolanda Fernández Claudia Contín é coñecida no mundo enteiro como a primeira e única Arlecchino muller, ademais de ser experta en mimo e dialéctica corpórea. Ao seu carón está Ferruccio Merisi, director teatral especialista en coreografía contemporánea. Levan xa moito tempo traballando xuntos na Scuola Sperimentale dell´Attore, que eles mesmos fundaron no seu país natal, Italia.
02.08.07 | 07:15 Sara González Se alguén nos pide que imaxinemos un pallaso, o máis común é que pensemos nunha figura masculina vestida cun traxe de mil cores, grandes zapatos, perruca e nariz colorado. En cambio, se nos preguntamos como é unha pallasa, quizais non sexa tan doado dar unha resposta concreta.
01.08.07 | 20:12 Anxa Correa O mal tempo non impediu que nenos e maiores, provistos de chuvasqueiros e paraugas, gozasen do Festiclown, aínda que as rúas molladas foron un obstáculo insuperable para os zancos.
01.08.07 | 19:35 Marcos Ferro Os pallasos toman a rúa. O Festiclown convídanos non a sorrir, senón a esmendrellarnos polo chan coa risa. Isto é o que te podes atopar se pasas pola zona vella de Santiago (fotos).