Datos de interés

  • Domingo 07.09.2008

El Jueves...

'El Jueves, a revista que secuestran os venres'


Etiquetas: El Jueves, comunicación

Silvia Canabal.

A emblemática cabeceira de 'El Jueves, la revista que sale los miércoles' será 'actualizada' para a ocasión a vindeira semana. O semanario satírico converterase en 'La revista que secuestran los viernes', tras unha proposta do autor pontevedrés Kiko da Silva.




Despois de que a pasada semana a Audiencia Nacional ordenase o 'secuestro' e retirada dos quioscos da publicación por unha caricatura dos Príncipes de Asturias, as mostras de apoio á revista multiplicáronse por toda a rede. Unha delas veu da man de Da Silva, colaborador da publicación, que ironizaba no seu blog profetizando o que sería a portada do próximo número da revista.

Pese a que a ilustración da portada aínda é un misterio, parece que a idea do cambio de cabeceira callou na redacción do semanario. "Ten gracia, mandeille o cabeceiro aos compañeiros de revista, e gustoulles e vano publicar o vindeiro mércores", avanza hoxe Da Silva. "Un verdadeiro orgullo para min, é a primeira vez que cambian o cabeceiro máis emblemático das revistas de humor españolas...", engade.

Rectificación
Por outra banda, os propios autores da revista contestaron con ironía á retirada da publicación cunha portada alternativa. E como unha imaxe vale máis que mil palabras, sobran os comentarios.

 

23/07/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso