Datos de interés

  • Martes 09.02.2010

Patrimonio Cultural

Adega e 'Ortigueira Sostible' denuncian agresións contra un conxunto arqueolóxico


Etiquetas: Ortigueira, patrimonio

Iolanda Fernández (Santiago).

A asociación ecoloxista Adega e a Plataforma Ortigueira Sostible denuncian que unha zona de interese arqueolóxico en Ortigueira está a ser estragado por unhas obras de edificación de vivendas. Trátase, segundo informaron, do Campo da Torre, zona arquolóxica catalogada por Patrimonio, onde se atopan os restos dunha fortaleza medieval que antigamente fora un castro.

Segundo as dúas organizacións, nas inmediacións do Campo da Torre estanse a edificar 67 vivendas. Denuncian que esta actuación urbanística incumpre a lexislación, en tanto non respecta o perímetro de seguridade de 100 metros arredor de bens catalogados, nos que está prohibido edificar.

Aseguran ademais que se está a empregar maquinaria pesada a carón da antiga fortificación o que está a producir danos no conxunto arqueolóxico.

Adega e a Plataforma Ortigueira Sostible informan de que estes feitos xa foron postos en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio, a Dirección Xeral de Urbanismo e o Seprona, sen que polo de agora obtivesen unha resposta. Demandan a "inmediata paralización das obras e a revisión da licenza por parte da administración".

21/07/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso