Datos de interés

  • Xoves 24.07.2008

Por inxurias contra a Coroa

A Audiencia Nacional ordena a retirada do último número da revista 'El Jueves'


Etiquetas: El Jueves, comunicación, Xustiza

Juan Castro.

O xuiz da Audiencia Nacional, Juan del Olmo, prohibiu a venda do último número da revista satírica El Jueves a petición da Fiscalía Xeral do Estado. Ordenou a súa retirada dos quioscos por un suposto delito de inxurias contra a Coroa española.

O exemplar que motivou a polémica amosaba na portada unha caricatura dos príncipes practicando sexo baixo un titular que facía alusión ás axudas de 2.500 euros por neno recentemente anunciadas polo Goberno. O diálogo da viñeta dicía "Daste conta se quedas preñada? Vai ser o máis parecido a traballar que fixen na vida."

O auto ditado polo tribunal declara que esta caricatura amosa unha actitude "claramente denigrante e obxectivamente infamante". Considera así que estes feitos poden constituír un delito de inxurias contra a Coroa e menoscabar o prestixio da institución, baseándose nos artigos 490.3 e 491 do Código Penal. Este texto prevé penas de ata dous anos de cadea para quen cometa calumnias ou inxurias contra ou Rei ou os seus descendentes. 

Regueiro de pólvora
Queda por saber se quedará algún exemplar que retirar dos quioscos ou se os lectores, atraídos pola polémica, aforrarán o traballo. En declaracións ó xornal 20 minutos, o director da revista Albert Monteys afirmou que a decisión do xuiz Del Olmo "non nos vai perxudicar. Moi o contrario o que conseguirá será aumentar o impacto da viñeta que agora vai aparecer en todas as televisións e medios."

Monteys tamén sinalou que "a caricatura é moi bestia, como toda a revista, pero hai que entender o que hai detrás e, sobre todo, que se trata dun chiste".

O certo é que a polémica portada se estendeu como un regueiro de pólvora pola rede, e a noticia, na maioría dos casos acompañada de imaxe, aparece en multitude de medios de comunicación xeralistas e bitácoras persoais.

Reaccións
Ademais, as reaccións sobre se a actuación xudicial foi correcta ou esaxerada non se fixeron esperar e xorden voces dende todos os lados. Esquerda Unida, ERC, ou Comisións Obreiras manifestaron que a decisión de Del Olmo foi "excesiva e pon en cuestión a liberdade de expresión".

A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP), á que pertence o Sindicato de Xornalistas de Galicia manifestou tamén o seu rexeitamento á medida de secuestrar os exemplares da revista, que calificou de "desproporcionada posto que afecta a toda unha publicación e, por tanto, ao dereito á información". O sindicato recalcou que "aínda no suposto de haber unha extralimitación, atentado á honra ou delito de ofensas, a vía axeitada sería a demanda xudicial, nunca o secuestro da publicación".

O Colexio de Xornalistas sumouse tamén ás críticas á decisión xudicial ao considerar que esta supón "un ataque frontal contra a liberdade de expresión, de creación e de ideoloxía dese medio de comunicación". Lembra que El Jueves "non é un medio de información que teña que aterse á realidade duns feitos; como toda publicación satírica o que fai é unha interpretación propia, racional ou irracional, desa realidade".

Na aba oposta, asociacións de xuristas como Xuíces para a democracia ou a Asociación Profesional da Maxistratura fixeron público o seu apoio á actuación de Del Olmo, por considerala "razoada e prudente" dende o punto de vista de que "a liberdade de expresión ten o seu límite no dereito ao honor".

20/07/2007

4'6 (7 votos)

COMENTARIOS

#1 eulaliaperez
22-07-2007 22:20

Pailáns! O director de El Jueves NON é Monteys!

23-07-2007 17:08

Eulalia, ata onde sabemos Albert Monteys si figura como director da revista. Así se nos confirmou aínda hoxe.

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

A portada da polémica (web eljueves.com)
A portada da polémica (web eljueves.com)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso