Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Xornadas da USC

Localizadas en España 284 fosas da guerra civil e da ditadura franquista


Etiquetas: USC, ditadura, guerra civil, historia

Xeración (Santiago).

En toda España localizáronse ata o de agora un total de 284 fosas da época da Guerra Civil e da ditadura. Son datos feitos públicos polo médico forense Fernando Serrulla na 'Xuntanza de proxectos de investigación sobre o estudo da represión franquista', que durante esta semana se celebra na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago.

Serrulla informou ademais de que un grupo de familiares de vítimas da guerra e da represión franquista reclama saber o paradeiro dos 2.267 desaparecidos naquela época, e que en Galicia xa se investigaron fosas en O Vicedo, Soutadouro, Villarrube e Valdoviño.

Outro dos ponentes do encontro, Santiago Macías, falou sobre os traballos que a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), está a realizar na exhumación de cadáveres. Destacou as investigacións na fosa central da Fonsagrada, onde foi atopado o corpo do primeiro comandante asasinado sen xuízo polo réxime franquista, José Moreno Torres, e outros quince compañeiros.

Estas xornadas, que comezaron onte, reúnen a grupos de todo o Estado en torno á análise da memoria histórica. Nelas, estase a pór de manifesto a necesidade de investigar a represión franquista a través da creación de equipos interdisciplinares formados por antropólogos, arqueólogos, historiadores, documentalistas e avogados que poidan esclarecer o que aconteceu no pasado.

Mañá mércores celebrarase a última sesión dos encontros, que estará centrada no tratamento das fontes orais e que contará coa participación de especialistas de Barcelona, Sevilla, Oviedo e Santiago.

17/07/2007

5'0 (1 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso