Datos de interés

  • Sábado 04.07.2009

Recoñecemento

Díaz Pardo recibe a Insignia de Ouro do proxecto 'Aulas no Camiño'


Etiquetas: universidade, Díaz Pardo

Sara González. AGN (Santiago).

O curso-proxecto cultural e de investigación 'Aulas no Camiño', organizado pola Universidade de A Coruña, entregou esta mañá en Santiago de Compostela a Insignia de Ouro ao intelectual e artista Isaac Díaz Pardo, a primeira que concede o curso nos seus doce anos de existencia.

Asemade, os 20 alumnos de Humanidades que participaron no curso deste ano, titulado 'Diálogos galego-portugueses nun camiño de identidades', tamén recibiron os seus diplomas "por deixar a pegada da identidade de Galicia por onde pasaron", afirmou o director, Xosé Leira.

Os organizadores de 'Aula no Camiño' afirmaron que "se alguén merecía algunha distinción", esa persoa era Isaac Díaz Pardo, "que é en si mesmo un camiño para coñecer o proceso de memoria e de identidade de Galicia". O intelectual galego amosouse agradecido pola Insignia de Ouro que lle foi concedida, e, en ton de broma, comentou que lla daban "porque eran amigos" e que "non se podía tomar en serio" todo o que dicían del.

Doce anos investigando os Camiños de Santiago
O obxectivo de 'Aulas no Camiño: diálogos galego-portugueses nun camiño de identidades', curso que está a piques de rematar, é o de profundar no estudo da realidade galega e portuguesa que atravesan os camiños de Santiago, a través do estudo de áreas tan diversas como a antropoloxía, a historia, a literatura, o patrimonio ou a análise sociolóxica.

Nos doce anos que leva en funcionamento, 'Aulas no Camiño' xa se desenvolveu en países como Francia, Italia, Alemaña ou a República Checa. A comitiva deste ano, que partiu de Lisboa o pasado 4 de xullo, fixo o itinerario da antiga ruta Perloca Marítima ata chegar onte a Santiago. O derradeiro destino será Fisterra, onde un recital de poesía lle porá fin a esta aventura.

13/07/2007

2'1 (7 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso