Datos de interés

  • Domingo 12.10.2008

Especial Rapa das Bestas 2007

O Proceso


Etiquetas: Rapa das Bestas, Sabucedo, patrimonio, troula, vídeo

Xeración.

A Rapa, a ollos de turistas e profanos, parece reducirse ao enfrontamento entre cabalo e aloitador dentro do curro. Pero para os veciños comeza moito antes. Cara as sete da mañá, logo dunha misa na honra de San Lourenzo, veciños e visitantes emprenden a marcha, a pé ou a cabalo, dende a aldea ata os montes, para buscar as greas de bestas salvaxes. 

É un camiño longo, porque os montes nos que viven os cabalos teñen unha extensión de arredor de 45 quilómetros cadrados. Os camiñantes divídense en grupos para localizar as distintas mandas. Cando atopan unha, rodéana, estreitando o cerco cada vez, ata encamiñala na dirección que queren. Todas as greas xúntanse nun pequeno cercado no monte, na valgada do Peón. Grupo tras grupo as greas vanse reunindo, e cara o mediodía están listos para o descenso.

O curro
Á tardiña, e logo do xantar e o descanso de rigor, necesario trala larga camiñada para humanos e cabalos, comeza o curro. As bestas entran no recinto en grupos e o primeiro é separar os poldros da grea, para que non se manquen cando comece a loita. Son normalmente os nenos da aldea os que, coa axuda dalgún adulto, se ocupan desta tarefa, no que constitúe unha caste de iniciación na tradición da Rapa.

É entón cando comeza o traballo dos aloitadores. A rapa de Sabucedo diferénciase doutras de Galicia en que os aloitadores entran no curro sen máis arma que o seu propio corpo: no curro non valen cordas nin varas para dominar o cabalo, só a forza e a maña do aloitador ou aloitadora.

A técnica
Inmobilizar o cabalo é máis cuestión de técnica, aprendida ao longo dos anos, que de forza. Polo xeral son tres aloitadores os que se ocupan de rapar un cabalo, empregando un "código de accións" que se herdou de xeración en xeración. Dous aloitadores suxeitan a besta polo pescozo e a cabeza e intentan taparlle os ollos e as orellas. Un terceiro suxéitao polo rabo para tentar desequilibralo.

Cos ollos e os oídos tapados, o cabalo adoita desorientarse e quedar quieto, no caso de que non sexa así, os aloitadores túmbano para que non se mova. Mentres se lle cortan as crins  e mais o rabo, outras persoas teñen conta de que os demais cabalos non manquen os aloitadores e a besta inmobilizada.



I+D
No curro só se rapan as bestas de San Lourenzo, mentres que no caso das greas de particulares son os seus propios donos os que se ocupen do traballo da rapa. Nos últimos anos, a espectacularidade da loita 'ancestral' ten un engadido moito máis moderno.

Os cabalos vacínanse e sanéanse, para que xa non sexa só San Lourenzo quen teña que velar pola súa saúde. Ademais, inxéctaselle un microchip para poder recoñecelos posteriormente. Con isto, as bestas libran da marca tradicional dos cabalos do santo, que era a orella cortada, e ademais poden ser localizados en calquera momento, no caso de que entren en propiedades privadas, colleitas, ou nalgunha estrada.


Vídeo: Nacho Sánchez (AGN)
Ilustracións: Marcos Ferro, Silvia Canabal, Gracia Pablos (extraídas de O Camiño Antigo)

12/07/2007

4'2 (18 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso