Iolanda Fernández (Santiago).
Tres exposicións e a edición dun libro conmemoran o primeiro centenario do nacemento da publicación A Nosa Terra. O delegado de edición, Xosé Fernández Puga, e o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asinaron esta mañá un convenio de colaboración co que pretenden facer un percorrido polos cen anos desta cabeceira.
A primeira das exposicións, 'Cen anos de xornalismo nacionalista' percorrerá dende o mes de agosto as principais vilas e cidades da nosa xeografía. Amosará a tódolos visitantes o papel que exercen as figuras intelectuais sobre os lectores ao publicar as súas verbas no xornal. Coa segunda, 'As capas que fixeron historia en A Nosa Terra' pretense perfilar un retrato de Galicia a través das portadas máis significativas.
A última das exposicións, 'Historia de Galiza' pretende ser "didactica e pedagóxica" e así conseguir que as xeracións máis novas se impliquen neste proxeto.
A outra proposta que se levará a cabo será a edición de 'Crónica da vida galega', onde se realizará un percorrido pola historia da cabeceira nacionalista, que a dia de hoxe conta cunha tirada de 30.000 exemplares.
A Vicepresidencia da Xunta investirá arredor duns 50.000 euros para levar a cabo estes catro proxetos.
Na procura da memoria
A Nosa Terra apareceu no ano 1977 cun claro compromiso coa cultura e o idioma galego. Por iso, tenta cubrir un amplo "campo bibliográfico" que iría dende a a historia e a recuperación da memoria social á literatura, á fotografía ou a divulgación científica entre outros.
Con case uns oitoncentos títulos xa editados, A Nosa Terra segue na procura de novas formas e metodoloxías que sexan quen de cubrir tódalas necesidades dunha cultura que anda na procura da súa normalización.
05/07/2007