Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

A sanción máis alta a un teleoperador

Bruxelas multa a Telefónica polo monopolio exercido no mercado do ADSL


Etiquetas: internet, banda larga, Telefónica, UE

A Comisión Europea acordou hoxe a imposición a Telefónica da sanción máis alta da súa historia polo monopolio que a multinacional exerceu durante máis de cinco anos no mercado español de internet de banda ancha.

Betti Vázquez (Santiago).

A Comisión Europea acordou hoxe a imposición a Telefónica dunha multa de 151,8 millóns de euros por un abuso "moi grave da súa posición dominante no mercado español de internet de alta velocidade", segundo indicou a comisaria de competencia da Comisión Europea Neeli Kroes nunha rolda de prensa ofrecida esta mañá.

Bruxelas concluíu que a multinacional veu impoñendo durante máis de cinco anos uns prezos non equitativos, que pasaron por un estreitamento das marxes entre aqueles prezos maioristas que cobraba ós seus competidores e aqueloutros minoristas que fixaba para os seus propios clientes. Con esta práctica debilitaba ós seus competidores, dificultando tanto a súa expansión coma a súa presenza no mercado: o competidor víase na obriga de incurrir en perdas nunha tentativa de igualar as tarifas minoristas de Telefónica.

Os altos custos maioristas e unha competencia moi feble supuxeron que os consumidores españoles paguen polo acceso á banda ancha un 20% máis que a media europea. A mesma porcentaxe, o 20%, refírese á menor taxa de penetración do ADSL respecto do promedio da UE; mentres que o seu crecemento se sitúa case 30 puntos por debaixo do europeo. Nesta liña, Kroes indicou que "cando se perxudica a consumidores e empresarios nun mercado tan importante, toda a economía se resinte. Non permitirei que as empresas dominantes fixen uns prezos que boten abaixo a liberalización das telecomunicacións".

O clube dos máis multados
Pola súa gravidade e duración, o abuso cometido por Telefónica merece para Bruxelas unha sanción severa. A multa fixada é a máis alta das impostas polo Executivo comunitario a un operador de telecomunicacións na súa historia. Ata o de agora, a Comisión sancionara á compañía francesa Wanadoo con 10,35 e á alemá Detsche Telekom con 12,6 millóns de euros polo abuso de posición dominante en acceso á rede local e a Internet. A firma española forma parte dende hoxe da lista de multinacionais que recibiron as maiores penalizacións, unha lista que encabeza Microsoft cos 497 millóns que tivo que pagar no ano 2004.

Con esta decisión, a Comisión pretende sentar un precedente á hora de avaliar o comportamento dos operadores dominantes noutros sectores e disuadir de comportamento semellantes, non só no mercado de acceso a Internet de banda ancha senón tamén polo que se refire ó posicionamento de Telefónica e outros operadores tradicionais no lanzamento e desenvolvemento de novos servizos. Ó mesmo tempo, confía "en contribuír ó desenrolo do mercado español de banda ancha", e mostrou a súa disposición a seguir colaborando coa Comisión do Mercado das Telecomunicacións en beneficio dos consumidores españoles.

04/07/2007

5'0 (1 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso