Datos de interés

  • Domingo 12.10.2008

Informe da CMT

Galicia rexistra a peor taxa de penetración da banda larga de España


Etiquetas: banda larga, internet

Segundo o informe da CMT, a nosa comunidade acada unicamente as 6,6 liñas por cada 100 habitantes, e sitúase tamén á cola do estado no referente ó incremento na penetración da banda larga.

Betti Vázquez (Santiago).

Galicia rexistra a peor taxa de penetración do ADSL de España, segundo o informe da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) referente ós datos do 2006. Na análise realizada polo presidente da entidade, Reinaldo Rodríguez, a nosa comunidade conta cunha penetración de 6,6 liñas por cada cen habitantes, menos da metade das acadadas en Madrid e Cataluña, onde a porcentaxe ascende ata as 16,9 liñas/100 habitantes situándose  por enriba da penetración calculada para o total estatal, de 11,7 liñas por cada 100 habitantes a finais de ano.

A "pouca evolución" dos prezos do ADSL experimentada en España respecto de anos anteriores tradúcese en que o país posúe unhas tarifas superiores ás da media europea. Segundo indicou Rodríguez durante a presentación do informe, "a tendencia que se detecta é que os prezos están por enriba da media europea en banda larga e non hai unha redución o suficientemente rápida como nos gustaría que houbese".

Baixo incremento
Nos datos da CMT obsérvase que, ó igual que acontece no resto de Europa, existe unha relación notoria entre o nivel de penetración da banda larga e a taxa de crecemento de tal penetración. Así, aquelas provincias de maior penetración no 2005 foron en boa parte dos casos as que rexistraron o maior incremento no presente exercicio, actuando a propia penetración coma un factor de impulso. Unha vez máis, a situación global de Galicia está á cola de España.

A nosa comunidade encaixa tres das súas provincias entre as seis españolas cun menor índice de aumento da penetración da banda larga. Máis aínda. A suma das súas taxas supera unicamente en 1,9 puntos o incremento que Madrid experimentou respecto do ano anterior. Dentro de Galicia é Ourense a provincia que conta co peor índice de penetración, de 2,3 liñas/100 habitantes, o segundo peor rexistro do conxunto estatal.

Telefónica perde mercado
Outro factor que parece influír na penetración da banda larga é o punto de madurez que, segundo as estimacións feitas polo presidente da Comisión, está acadando o mercado das telecomunicacións en España. Isto materialízase na tendencia dos operadores alternativos a invertir nas súas propias infraestruturas, en concreto na desagregación dos bucles de abonado, en detrimento dos proveedores maioristas.

Nesta liña, obsérvase que naquelas provincias onde o peso da entrada ó mercado pola vía de desagregación do bucle é maior, a taxa de penetración da banda larga tamén é maior. En conxunto, o mercado medrou nun 10,8%, mentres Telefónica foi perdendo cota de mercado en acceso a Internet. A multinacional mantén, aínda así, un 66,7% do mercado dos servizos.

04/07/2007

5'0 (2 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso