Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Debate sobre o Estado da Nación

Nenos con 2.500 euros baixo o brazo


Etiquetas: familia, Zapatero, PSOE

Xeración.

O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero vén de anunciar unha axuda económica de 2.500 euros para as familias que teñan un neno. Todas as familias con residencia legal en España, nas que naza ou sexa adopado un neno, terán acceso a esta nova axuda económica de fomento da natalidade.

Zapatero deixou caer este anuncio cara o final do seu discurso no Debate do Estado da Nación. Argumentou que no país se precisan familias con máis fillos, para o que é necesario "un esforzo financieiro que hoxe podemos facer". Trala súa intervención, o ministro de Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera, matizou que as axudas se estenderán tamén aos fillos adoptados e acollidos.

Segundo Zapatero, a medida aplicarase aos nenos nacidos ou adoptados a partir de hoxe. Dende o Ministerio de Traballo matizouse que aínda hai que concretar o texto legal, pero que se fará que a súa aplicación teña carácter retroactivo e se aplique efectivamente de hoxe en adiante.

Dende o Ministerio tamén se aclarou que a medida terá carácter universal e non excluirá outras axudas ás familias por criterios de idade ou traballo. Constituirá ademais unha paga única e non excluirá a axuda actual de 100 euros mensuais.

 

03/07/2007

5'0 (1 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso