Datos de interés

  • Sábado 04.07.2009

Arxentina

Finalmente, será 'pingüina': Cristina Fernández de Kichner optará á presidencia


Etiquetas: Cristina Kirchner, Néstor Kirchner, Arxentina

Juan Castro.

Finalmente, e tal como viñan asegurando os rumores nos últimos meses, será Cristina Fernández de Kichner a candidata a suceder ó seu marido na elección presidencial de outubro. Néstor Kichner renuncia así a reelección malia ter todas as sondaxes ó seu favor.

A avogada e senadora Cristina Kirchner é unha das principais conselleiras do seu marido, e segundo o xornal Clarín, sería elixida en primeira volta co 45% dos sufraxios, unha porcentaxe 6 puntos menor da que conseguiría o seu marido. Aínda así superan en máis de 30 puntos a calquera dos seus rivais, a deputada de centroesquerda Elisa Carrio, o ex ministro de economía Roberto Lavagna e o economista Ricardo López Murphy. No horizonte aparece novamente a figura do ex presidente Carlos Menem, pero sen ningunha opción de repetir a sorpresa de hai cinco anos, cando conseguiu meterse nunha segunda volta da que renunciaría ó comprobar que a vitoria era imposible.

Hai uns meses Néstor Kirchner alimentou os rumores que situaban á súa muller á fronte da carreira presidencial ó dicir que o seu partido, o Frente para la Victoria, “terá o seu candidato cando corresponda, sexa arxentino ou arxentina, pingüin ou pingüina” ('pingüin é o apodo de Néstor Kirchner, polo seu físico e por comezar a súa carreira política na Patagonia).

Por outro lado non se desvelaron os motivos polos que Néstor Kirchner non se presenta á  reelección malia contar cun apoio tan maioritario. Mesmo se se rumoreou que pode ter unha enfermidade que lle impediría presentarse pero este extremo nunca foi confirmado. Algúns politólogos sinalan que o matrimonio tería en mente unha alternancia inaudita na que tentarían tornarse na presidencia, dando un rodeo á lexislación arxentina que non permite máis de dous mandatos consecutivos.

Horizonte 2011
Néstor Kirchner podería presentarse entón no 2011, onde todo apunta que o Frente para la Victoria contará cunha oposición máis consolidada, seguramente representada por Mauricio Macri, empresario, presidente do equipo de fútbol Boca Júniors, e recentemente elixido alcalde de Bos Aires.

En todo caso, se Cristina Kirchner resulta elixida, será a segunda muller presidenta do país, despois de Isabel Perón que sucedeu ó seu marido Juan Domingo Perón en 1974, dous anos antes de ser deposta por un golpe de Estado militar.

02/07/2007

4'0 (2 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso