Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Medallas Castelao

As medallas Castelao recoñecen a loita contra a droga de Érguete


Etiquetas: Érguete, A Nosa Terra

Laura Grandal. AGN/Marcos Ferro (Santiago).

A fundación Érguete, o xornal A Nosa Terra, e o Proxecto Galicia recibiron hoxe as medallas Castelao, que recoñecen as contribucións "ó engrandecemento do país", nun acto celebrado no Monumento de San Francisco.

Érguete, máis de vinte anos de loita contra a droga
A Fundación Érguete leva loitando contra a droga dende o ano 1984. Foi creada por un grupo de familias que tiñan o problema moi cerca, na súa casa, e que exerceu presión en tódolos ámbitos legais para a loita contra o narcotráfico.

A presidenta desta asociación, Carmen Avendaño, afirmou que o premio se dirixe "a unha realidade que nos tocou vivir nos anos 80" e que levou a algunhas familias a adquirir un compromiso "persoal e colectivo" para facerlle fronte. Tamén lembrou hoxe algúns dos logros que conseguiu Érguete, como que por primeira vez en Europa "a lexislación recollese a incautación de bens patrimoniais".

Cen anos de galeguismo
O segundo galardonado, o xornal A Nosa Terra, chega este ano ó seu centenario. O seu director, Afonso Eiré asegurou que "premiando a A Nosa Terra prémiase a Castelao", xa que o escritor rianxeiro pasou polas súas páxinas, como tamén "Bóveda, Pondal, Luis Seoane e moitos outros". Eiré quixo lembrar a figura de Víctor Casas, director da publicación en 1936 -"o primeiro que reclamou un Estatuto para Galicia", que foi detido e fusilado.

Recompilación do saber galego
A última medalla foi para o 'Proxecto Galicia', de Hércules Edicións. Unha completa obra enciclopédica que en 50 tomos recolle o saber sobre Galicia dende distintas áreas. En cada unha delas colaboran figuras ilustres e os maiores expertos galegos sobre cada tema. Despois de quince anos de traballo, a publicación xa chegou a "milleiros de fogares galegos", como lembrou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

28/06/2007

5'0 (3 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso