Datos de interés

  • Sábado 04.07.2009

Lingua

Touriño acusa ao PPdeG de romper o consenso en política lingüística


Etiquetas: educación, PSdeG, PPdeG, Xunta, lingua

Mónica Sequeiro. AGN/Silvia Canabal (Santiago).

O Decreto para regular o uso do galego do ensino foi aprobado hoxe polo Consello da Xunta, pero sen o apoio do PP. O presidente do goberno galego, Emilio Pérez Touriño, dou por roto  "o consenso lingüístico en Galicia" e acusou ao PPdeG de cambiar de postura a última hora e retirar o seu apoio ao texto que pretende regular o uso da lingua na educación.

Na súa intervención trala reunión do Consello da Xunta, Touriño lamentou a actuación do PP e asegurou que "ata a súa entrada na comisión de secretarios o pasado martes, o decreto de ensino en lingua galega estaba rubricado e apoiado polos tres grupos políticos". Segundo Touriño, "é a primeira vez que o PP rompe co Plan de Normalización Lingüística, cun texto que cumpre e se limita a regular o que di o Plan".

Pola contra, Feijoo negou que retirasen o seu apoio ao Decreto, e matizou que "imos seguir apoiando o consenso en política lingüística". Xustificou o seu cambio de postura en que a Xunta remitiu esta mesma mañá o texto definitivo do decreto que se aprobaba horas máis tarde no Consello da Xunta. Feijoo explicou que o seu partido aínda estaba a estudar o texto para comprobar se o seu contido definitivo responde ao acordado.

O líder dos populares galegos condicionou o seu apoio ao Decreto a que o texto inclúa as recomendacións feitas polo Consello Consultivo. Feijoo reclama que se garanta "o dominio e o equilibrio entre o galego e o castelán" no ensino. Asegura que, de non ser así, retirarán o seu apoio definitivamente ao texto.

A lingua ao 50%
O texto do Decreto para o uso e promoción do galego no ensino establece que nas etapas educativas de primaria, ESO e bacharelato, os alumnos recibirán como mínimo a metade das materias en lingua galega. En canto á educación infantil, o profesorado deberá empregar a que sexa a lingua materna da maioría dos nenos da aula.

Establece ademais cales serán as materias que obrigatoriamente se impartirán en lingua galega, e que deberán ser completadas por outras a elección do claustro do profesorado ata completar o cupo do 50%:

  • Primaria: matemáticas, coñecemento do medio natural, social e cultural; e educación para a cidadanía e os dereitos humanos.
  • Secundaria: ciencias da natureza, xeografía e historia, sociais, matemáticas e educación para a cidadanía.

28/06/2007

5'0 (1 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso