Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Día mundial contra a droga

Sobe o consumo de cannabis e baixa o das drogas legais en Galicia


Etiquetas: drogodependencia, narcotráfico

Marcos Ferro (Santiago).

As drogas legais baixan, as ilegais soben moderadamente. Son os datos que adianta a Consellería de Sanidade con motivo do día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de Drogas, que se celebra hoxe.

A alerta no consumo de drogas ilegais céntrase no cannabis e derivados, que aumentou na nosa Comunidade un 2,6% no 2006, o que conleva que case oito de cada cen galegos o o probaron nese ano. O uso doutras sustancias como a cocaína, os opiáceos ou as drogas de deseño mantívose en cifras moi semellantes ás dos últimos anos.

A pesar de que a cocaína se atopa por detrás do hachís, tanto en tráfico como en consumo, as Nacións Unidas advirten no seu Informe Mundial sobre as Drogas 2007 que España segue sendo a vía de entrada desta droga en Europa. A porcentaxe de consumidores no Estado -un 2,2%- duplica á media do resto de Europa, e chegou a superar no 2005 á dos Estados Unidos.

Drogas legais
En Galicia cada vez se consume menos alcol, segundo os datos de Sanidade. O número de bebedores abusivos baixou a niveis que non se vían dende hai vinte anos, e o de bebedores diarios tamén descendeu en máis de seis puntos con respecto ó ano pasado.

Os tabaco tamén perde terreo. Aproximadamente un de cada tres galegos fuma diariamente, unha cifra que e se mantén estable dende finais dos oitenta, pero a media de cigarros consumidos é agora de quince, fronte ós 18 do ano 2004. Pola contra, as mozas de entre 12 e 18 anos fuman cada vez máis, superando por primeira vez ós varóns da súa mesma idade.

Mudan os costumes dos narcos galegos
Os clans de narcotraficantes están a cambiar o seu modo de actuar en Galicia. Segundo un informe publicado esta pasada semana polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, os traficantes están a adoptar novas formas de burlar a vixiancia da policía. As grandes vías de tráfico de droga dende Sudamérica pasan agora por África, pola dificultade que representa descargar os fardos directamente en Galicia ou no norte de Portugal. Isto fai que os narcos se fixen nos barcos galegos que faenan no golfo de Guinea, e nos seus mariñeiros, ós que tratan de convencer para que lles sirvan de 'correos'.

Cando a droga chega ás costas galegas, os delincuentes botan man de mozos cada vez máis novos para carretala, e a pesar de que a maioría dos grandes traficantes se atopan tralas reixas, aínda atopan a maneira de seguir as actividades do seu clan, e ata de levar certo control das operacións.

26/06/2007

5'0 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Logo do día Internacional contra as Drogas

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso