Xeración/AGN (Santiago).
Case o 90% das salas de cine de Galicia secundaron onte a folga contra a nova Lei do Cine que s está a tramitar actualmente, segundo datos da Federación de Cines de España (FECE).
En España as cifras foron similares, cunha porcentaxe de salas pechadas do 93% que pecharon en protesta pola norma acadou o 93%, cun maior seguimento en Madrid e Andalucía (95%), seguidas de Cataluña (90 por cento). En total, 3.770 salas de todo o Estado deixaron de proxectar hoxe a súa programación.
O sector de exhibidores reclama que se elimine da lei, que se atopa en trámite parlamentario, a “cota de pantalla” que obrigaría que os cines deban proxectar unha película comunitaria (española/europea) por cada tres extra comunitarias. Afirman que o sistema de cotas é inconstitucional, se ben non é unha medida nova, pois leva aplicándose dunha ou doutra forma dende os anos 40 do século pasado. Outros países europeos tamén posúen medidas proteccionistas semellantes. Francia, por exemplo, destina o 10% das vendas de cada entrada vendida ó Centro Nacional de Cinematografía que se reinvirte despois no cine nacional.
Tope ás 'majors'
Malia que este é o punto que está a centrar case toda a atención neste conflito, non é a única reinvindicación dos exhibidores. Reclaman tamén que o Goberno impoña tope máximo ás grandes produtoras de Hollywood, as chamadas majors, e que se regulen as 'fiestras de tempo' durante as cales as películas se exhiban sen que estean dispoñibles noutros formatos. Reinividicacións históricas dun sector que ten dificultades para convivir cos tempos do ocio dixital, o DVD e as descargas dende internet.
A lei atópase neste momento en trámite parlamentario, co Ministerio de Cultura negociando a varias bandas, tentando chegar a un consenso que se amosa moi complexo. De momento, a aprobación aprázase ata setembro, mentres o sector das salas continúa unha ronda de contactos con todos os partidos políticos.
19/06/2007