Datos de interés

  • Venres 03.09.2010

Eleccións

Gómez Besteiro e Fernández Moreda, propostas do PSdeG para as Deputacións de Lugo e A Coruña


Etiquetas: Deputación da Coruña, Deputación de Lugo, PSdeG, 27-M, eleccións

AGN (Santiago).

O secretario xeral do PSdeG-PSOE e presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, propén á Comisión Federal de Listas do seu partido as candidaturas de Salvador Fernández Moreda e de José Ramón Gómez Besteiro á presidencia das Deputacións Provinciais da Coruña e de Lugo, respectivamente.

Salvador Fernández Moreda, economista e concelleiro na cidade da Coruña, preside xa actualmente a Deputación da Coruña, cargo que ocupou tamén entre 1991 e 1995.

José Ramón Gómez Besteiro, pola súa banda, é avogado e secretario xeral da Agrupación Local dos Socialistas de Lugo. Concelleiro na cidade das murallas, na pasada lexislatura foi delegado de Urbanismo no concello e tamén deputado provincial.

Esta é a proposta final da executiva socialista galega, trasladada á Comisión Federal de Listas do partido. A designación oficial dos candidatos terá lugar mañá, para ser logo ratificada polo comité federal do PSOE.

17/06/2007

4'5 (2 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso