Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Constitución dos concellos

O acordo marco incúmprese en varios concellos


Etiquetas: 27-M, PSdeG, BNG

Xeración.

O acordo marco asinado por PSdeG e BNG estipulaba que os dous partidos pactarían alí onde puidesen acadar maioría absoluta apoiando a lista máis votada. Este punto incumpriuse en varios concellos galegos, mesmo se a alcaldía e o goberno municipal segue a estar en mans dun dos socios do bipartito.

Os casos de ruptura do pacto máis problemáticos son os de Corcubión, Muros, Porto do Son e Pontecesures.

En tres destes concellos, o PSdeG perdeu as alcaldías porque edís nacionalistas non respectaron na sesión de constitución das corporacións locais o acordo marco, algo que dende o PSdeG se valorou como un “perigoso intercambio de cromos”.

En Porto do Son a alcaldía recaeu en mans do PP grazas á abstención do BNG, mesmo se o pacto estipulaba que o PSdeG tería que ser o encargado de formar goberno. En Muros, o nacionalista Domingo Dosil consegue a alcaldía gracias ó apoio do PP, desbancando ó PSdeG.

Caso idéntico o de Corcubión, onde se evidenciaron as malas relacións entre o BNG e o PSdeG. O nacionalista Rafael Mouzo será o novo alcalde gracias o apoio de Gema Freire, a única concelleira do PP. O PSdeG, que tiñan a lista máis votada a pesar de empatar en edís cos nacionalistas, perden así a alcaldía desta vila da Costa da Morte. 

Ricardo Varela, secretario de organización do PSdeG, xulgou como “deplorable” o comportamento do BNG nestes tres concellos coruñeses e pediu “explicacións e medidas inmediatas” á dirección nacionalista.

Preguntado por se a situación pode influír na negociación pendente co BNG para gobernar nas deputacións de Lugo e A Coruña, Varela indicou que “teñen que analizar a situación”.

Pontecesures
En Pontecesures, foi a actitude de dous edís elixidos na lista do PSdeG  a que impediu que o BNG se fixera coa alcaldía. O acordo entre os dous edís socialistas, os tres do PPdeG, e a única independente fixo que o bastón de mando recaese nesta última. 

Outros incumprimentos
Asimesmo, houbo outros casos nos que PSdeG e BNG non cumpriron o acordo marcos asinado polas direccións dos dous partidos, como son os casos dos concellos lucenses de Foz, As Nogais, A Fonsagrada e Ribadeo, mesmo se a situación non afectou á composición dos gobernos locais.

En As Nogais, o PSdeG manterá a alcaldía grazas a ser a lista máis votada. BNG e PP -con dous edís cada un- pactaron apoiando o candidato nacionalista, pero os socialistas mantiveron a maioría grazas a que o edil de Terra Galega se votou a si mesmo.

Situación similar a de Foz, onde os socialistas tamén manterán a alcaldía a pesar de non contar co apoio dos tres edís nacionalistas que votaron por si mesmos. A decisión do PPdeG, con catro concelleiros, de non apoiar o candidato do BNG impediu sorpresas de última hora.

En Ribadeo, a situación foi á inversa, pois foi o PSdeG o que non respaldou ó candidato do BNG, Fernando Suárez, que obtivera catro edís nas eleccións. A alcaldía non correu perigo para os nacionalistas gracias ó apoio de dous independentes.

En A Fonsagrada, Ricardo Parada seguirá sendo alcalde a pesar de non contar co apoio dos nacionalistas que se votaron a si mesmos, ó igual que o PP -tres edís- e TEGA -un concelleiro- o que evitou sorpresa.

16/06/2007

4'5 (2 votos)

COMENTARIOS

17-06-2007 00:07

Ao señor Varela decirlle que deplorable tamen foi o comportamento que o seu partido tivo fai catro anos cando se negaron a investir alcalde ao candidato do BNG. Asique agora non pidan un trato distinto ao que eles tiveron fai catro anos. Deplorable tamén é que a lista do PSdG de Corcubión fora composta por 7 independientes máis proximos a extrema dereita que moitos do partido popular, e que a hora de facela non se contara con militantes socialistas de Corcubión.

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso