Datos de interés

  • Venres 03.09.2010

Plan de Fomento da Lectura

O libro, gran protagonista


Etiquetas: política, libro

Eliana Martíns/AGN (Santiago).

Aumentar o protagonismo na sociedade galega é o obxectivo do Plan de Fomento da Lectura de Galicia, aprobado esta mañá polo Consello da Xunta. Un documento que traza as bases para fortalecer os sistemas de bibliotecas públicas do noso país e impulsar a paixón pola lectura dende o ensino.

Ata 2011 investiranse 30 millóns de euros, 6 por ano, en cuestións como a creación de oficinas de lectura, coa finalidade de que leamos máis, pero sobre todo en galego.

O plan susténtase en catro eixes:

  • Mellorar a imaxe social do libro e da lectura: faranse campañas de publicidade e faranse diferentes eventos significativos en datas sinaladas, como o Día das Letras ou o Día da Poesía.
  • Tamén se promoverá o libro como vehículo de enriquecemento persoal, para o que se impulsarán a creación de clubes de lectura, talleres de creación literaria e a creación de bibliotecas persoais e familiares, a través de medidas que faciliten a adquisición de libros.
  • Hai que fortalecer as bibliotecas públicas, mellorando a calidade e dando pulo no ensino. Para iso crearanse tamén novas bibliotecas e incrementarase a Biblioteca Virtual Galega.
  • Formaranse a persoas que poidan ter un traballo sistemático de animación á lectura, para o que se elaborará unha guía de recursos de promoción da lectura en galego, concursos e outras medidas.

14/06/2007

3'0 (2 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso