Datos de interés

  • Xoves 20.11.2008

Parlamento

O BNG abandona a ponencia para a reforma do voto emigrante


Etiquetas: Xunta, voto emigrante

Ana García/AGN (Santiago).

O BNG abandonou esta mañá a ponencia parlamentaria para a reforma do voto emigrante na que participaban os tres partidos con representación na Cámara. Os nacionalistas denuncian "un pacto" entre PSdeG e PPdeG e aseguran que os socialistas incumpren un dos puntos de acordo de goberno no 2005.

Ademais, Carlos Aymerich manifestou nunha rolda de prensa posterior á reunión da ponencia que "por primeira vez PSdeG e PPdeG únense e votan xuntos na lexislatura". Para o portavoz socialista no Parlamento, Ismael Rego, a actitude de BNG é "pouco responsable" e lembrou as críticas nacionalistas ó PPdeG cando o partido presidido por Alberto Núñez Feijoo abandonou a comisión de estudo sobre os incendios: "Agardo que eles non fagan o mesmo nas próximas semanas".

Un dos motivos que alega ó BNG para a súa renuncia é a "intención do PP e PSdeG de impoñer conxuntamente un calendario de traballo que limita a reforma e impide que entre en vigor antes das próximas eleccións xerais". Iago Tabarés manifestou na súa comparecencia ante os medios que "nin PP nin PSOE teñen vontade de cambiar as cousas, estamos decepcionados e o BNG non participará neste paripé".

Postura socialista
Ismael Rego espuxo a intención socialista de "garantir o voto na urna dos emigrantes e depurar a situación do CERA". Porén, mostrouse máis reacio "a un posible recorte dos dereitos dos galegos no exterior", algo que podería supoñer "unha medida subxectiva oposta incluso á constitución". Rego non quixo entrar a responder as críticas do BNG na súa postura, pero negou rotundamente a existencia dun pacto co PPdeG e pediu "responsabilidade" ós nacionalistas.

O PPdeG pide un cambio ó BNG
O encargado de dar unha resposta por parte dos populares foi José Manuel Castelao Bragaña, que solicitou ó BNG que "depoña a súa actitude". Confirmou que a ponencia continuará a próxima semana e engadiu que todas as comparecencias previstas "rematarán o 15 de xullo". Tanto populares como socialistas non comparten a idea de ralentización do proceso que renuncia o BNG. "Non queremos correr, pero si camiñar con seguridade para chegar a un acordo", dixo Castelao.

14/06/2007

3'2 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso