Datos de interés

  • Luns 08.09.2008

Acordo marco

O BNG dálle plantón a Orozco na reunión para o pacto de goberno municipal


Etiquetas: PSdeG, BNG, Lugo, 27-M, eleccións

Ramudo. AGN (Santiago/Lugo).

Os representantes da candidatura do BNG á alcaldía de Lugo déronlle plantón esta mañá a Orozco na reunión prevista para negociar o futuro goberno de coalición. O alcalde en funcións e aspirante ao bastón de mando da cidade convocara a reunión no despacho da Alcaldía, paro a delegación do BNG decidiu non acudir por non tratarse dun lugar neutral.

O líder dos nacionalistas lugueses, Anxo Lage, asegurou que xa lle manifestara onte a Orozco que non acudiría á reunión de celebrarse no despacho do primeiro edil. O aludido, pola súa banda, respondeu que non entendera tal cousa da conversa telefónica mantida onte con Lage. Sexa como for, a reunión terá que esperar para mellor ocasión.

12/06/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso