Datos de interés

  • Xoves 20.11.2008

Acordo cos sindicatos

Educación ampliará en máis de mil os mestres de infantil e primaria


Etiquetas: educación

A.S.R./ AGN (Santiago).

A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, informou hoxe que ata o curso 2009-2010 incorporaranse á ensinanza infantil e primaria máis de 1.000 novos mestres. A decisión é froito do convenio para a mellora da calidade ó que chegou esta tarde a Administración cos sindicatos, que coincidiron en sinalar que se trata dun acordo histórico.

A medida, que o Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) non chegou a firmar, suporá pasar dos 14.700 mestres que actualmente traballan nas dúas etapas a preto de 16.000, cun incremento que se sitúa en torno o 7%.

O convenio contempla tamén outros acordos de interese, como o horario lectivo dos mestres, que pasa das 25 ás 21 horas semanais, mentres que o horario fixo de permanencia semanal no centro baixa das 30 ás 25 horas.

Ó mesmo tempo, o documento inclúe a ampliación dos posto de especialistas de orientación e pedagóxica terapéutica e de audición e linguaxe, para mellorar neste caso a atención á diversidade e do alumnado con necesidades específicas. En concreto haberá 130 novos orientadores, que se sumarán ós 243 existentes.

Un titor por unidade
En virtude do acordo firmado entre Educación e CIG-Ensino, CC.OO., FETE-UGT, ANPE e CSI-CSIF, aplicaráse o principio xeral de que cada unidade teña un titor ou un mestres xeneralista, o que conlevará a ampliación de postos de traballo en educación primaria nos centros que o precisen.

Houbo unanimidade entre as centrais á hora de recoñecer que o convenio mellora as condicións dos mestres e que supón un paso "significativo" para que os docentes igualen as súas condicións laborais coas de secundaria, dacordo neste último caso co secretariado nacional de CIG-Ensino.

08/06/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso