Datos de interés

  • Domingo 12.10.2008

Tempo de negociacións

PSdeG e BNG esperan pechar esta semana o pacto para os concellos


Etiquetas: PPdeG, eleccións, 27-M, PSdeG, BNG

L.G./M.S. AGN (Santiago).

PsdeG e BNG avanzaron na tarde de onte no “acordo marco” que pretende definir os pactos locais nos diferentes concellos galegos nos que existen opcións de conformar un goberno de coalición. As dúas formacións políticas auguran un pacto para antes do remate da semana.

Así o aseguraron o coordinador executivo do BNG, Francisco Jorquera, e o secretario de organización do PsdeG, Ricardo Varela, despois dunha reunión de hora e media que mantivo a comisión negociadora integrada por ambas formacións. Hoxe repiten encontro, que confían  que sirva para que se logre un acordo antes do sábado.

Jorquera amosouse optimista polos “avances en cuestións substantivas” pero non quixo entrar a fondo na marcha das negociacións. Deu por concluída a súa intervención afirmando que o pacto precisa “dun esforzo de flexibilidade polas dúas partes” para avanzar nos elementos de diferenza.

Pola súa parte, Ricardo Varela asegurou que “avanzamos no senso de que ambas forzas somos conscientes de que temos que chegar a un pacto”. Pese as negociacións, Varela non dubidou en afirmar que cada municipio terá a súa autonomía, destacando que é nos propios concellos nos que se deben “discutir competencias, relacións de goberno, o programa e a distribución das áreas”.

Diferenzas
As demandas do BNG para que se visualice a súa presenza nos municipios a través da figura do tenente alcalde reforzado, parece chocar coa intención do PsdeG de que se faga un reparto dos cargos en función da representación conseguida nas urnas o pasado 27 de maio. Algúns alcaldes, como Orozco, manifestaron xa estar en contra da pretensión do partido nacionalista de ter unha especie de “vicealcaldes”.

Tanto PsdeG como BNG confian en chegar a un acordo definitivo antes do sábado, pese a que existen casos concretos como as urbes consideradas socialistas que, en certo modo, son as que poñen máis trabas para a consecución dun pacto.

O terceiro en discordia
Pola súa banda, o PPdeG segue a propoñer acordos que lle permitan gobernar nos numerosos concellos nos que os populares, pese a ser a lista máis votada, quedaron ás portas da maioría absoluta. O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, ofreceu hoxe a PSOE e BNG un pacto para que sexa a lista máis votada a que goberne en cada un dos 315 concellos de Galicia.

“Se Touriño acepta este principio, en 24 horas subscribimos este acordo”, sinalou Feijoo. E logo engadiu que “se ninguén quere aceptar ningún principio, ningunha regra, se ninguén quere comprometerse en nada é evidente que o PP de Galicia tomará nota”.

O dirixente 'popular' puxo ó candidato socialista da Coruña, Javier Losada, como exemplo de que ten que gobernar a lista máis votada, aínda que non teña a maioría absoluta. “Se só ten un concelleiro máis có PP, o que nos parece é que debe gobernar”, apuntou.

Feijoo reclamou ás direccións do bipartito que non impoñan un pacto global e que deixen ás agrupacións locais, como no caso da Coruña, decidir a súa política de alianzas.

07/06/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Ansede, Bugallo, Mera, Vázquez e Jorquera, antes do encontro. (Pepe Ferrí, AGN)
Ansede, Bugallo, Mera, Vázquez e Jorquera, antes do encontro. (Pepe Ferrí, AGN)

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso