Datos de interés

  • Sábado 04.07.2009

Política Territorial

Caride defende o trazado do AVE por Serrabal


Etiquetas: emprego, Adif, Política Territorial, AVE

M.S. AGN (Santiago).

A conselleira de Política Territorial, María José Caride, amosouse hoxe convencida de que o estudo do Adif sobre o trazado do AVE por Serrabal é "rigoroso". Caride asegurou ter confianza en que, segundo este estudo, o actual proxecto do AVE Santiago-Ourense terá unha afectación mínima sobre a explotación "e os empregos poderanse garantir durante 48 anos".

Con esta visión enriba da mesa, a titular de Política Territorial non deixou entrever que se vaia producir un cambio de trazado, aínda que lembrou que a decisión está en mans do Ministerio de Fomento, que onte amosou, en verbas de Caride, "unha sensibilidade para atender os problemas dos traballadores".

A conselleira considera que a disposición amosada onte polo Adif para analizar o seu estudo cos técnicos dos sindicatos procede de que "tal é o seu convencemento de que é rigoroso, que está disposto a constratalo" cos representantes da plantilla da mina.

En declaracións aos medios de comunicación en Santiago, Caride instou a que "definitivamente se tome unha decisión sobre este trazado" que garanta que non se van producir retrasos significativos na súa posta en funcionamento.

Un estudo independente
Pola súa banda, o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, pediu esta mañá ás centrais sindicais e ao ente público Adif que asuman a valoración final que realicen os técnicos sobre a afectación do trazado do AVE á mina de Serrabal.

Asegurou que dende a Consellería "estamos moi satisfeitos" polo acordo acadado onte no que se decidiu realizar un novo informe independente durante esta semana que clarifique a afectación real do paso do AVE pola mina. Blanco advertiu que "no momento en que ese estudo estea feito todos debemos ser responsables", e insistiu en que "os informes que todos temos son obxectivos, pero todos teremos que asumir o resultado independente dese estudo".

O titular de Innovación incidiu en que "os traballadores e a propia empresa teñen capacidade para poñer técnicos independentes", que realicen "unha análise para saber cal é o grao de afección real" do trazado que defende o Ministerio de Fomento sobre a mina de cuarzo.

06/06/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso