Erasmo.
A Xunta de Galicia vai declarar xa, unha miniatura de Parque Natural no Courel, só a efectos publicitarios, para disimular a inminente autorización, de catro novas macro canteiras no Lor e Ferreririño, cando no Courel xa hai máis dunha ducia delas.
Por iso, a Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, vecin@s do concello de Folgoso de Courel, pedimos axuda urxente para que a Xunta de Galicia declare Parque Natural O Courel, de inmediato; incluíndo dentro, como mínimo, as concas íntegras dos ríos Lor-Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre o territorio conformado por todas elas de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, centrais hidroeléctricas, vertedoiros...
O territorio que nós esiximos como Parque Natural, supón polo menos un 1/3 da Serra Courelá, do conxunto montañoso que se estende entre os Ancares e a Ribeira Sacra (Sil), e entre as chairas de Monforte e Sarria ata o Bierzo. Os 2/3 restantes seguirán sendo aniquilados, se ninguén o remedia, de forma brutal polas máis de 12 macro canteiras que traballan na zona de Pacios -Vilarbacú e Selmo leonés- Montouto (en parte, antigos territorios do noso Concello).
A proposta que fai a Xunta de Galicia é de aproximadamente 1/5 do conxunto montañoso Courelá. Deixa fose a conca enteira do río Ferreiriño (onde se sitúa o Pliegue Tombado do Courel ) e a metade sur da conca do Lor para instalar xa 3 novas canteiras e autorizar a canteira da Campa-Santa Eufemia, que segue funcionando a pesar dunha orde de peche desde o 2002, confirmada polos Tribunais de Xustiza.
A proposta da Xunta de Galicia é un completo timo, deixa fora lugares tan emblemáticos como Froxán, Vilar, Vilamor, Santa Eufemia, o Pliegue Tombado de Campodola.
A metade sur da conca do Lor, chea de canteiras, impactará de forma grave sobre a metade norte. Téñase en conta a disposición totalmente recta do Canón do Lor, o camiño natural e fiestra entre os Ancares e a Ribeira Sacra.
Esta canteira, Campa-Santa Eufemia, que ocupa un Espazo Natural declarado en 1989-1990, no medio da conca do Lor, vai ser legalizada de xeito inminente en base a unha Declaración de Impacto Ambiental que non contempla, entre outras moitas cousas, a ocupación do río Loruda pola propia explotación. Esta é unha canteira Imposible, acurralada por bosques de castiñeiros centenarios, aldeas, ríos e a estrada comarcal.
Se nos atemos a legalidade vixente, a canteira, Campa-Santa Eufemia, terá que ser clausurada. Se o peche acontecese logo da autorización do Consello da Xunta, terá que ser indemnizada a empresa, con Fondos Públicos e cifras astronómicas.
Polo tanto, nós esiximos ás Administracións que se lle dea alternativa de inmediato, sen chantaxes e sen traumas, aos traballadores desta canteira, suxerimos:
- Que, tal e como pediron algúns sindicatos, órcese desde o Goberno do Estado un plan para equiparar aos mineiros da Pedra de Galicia aos do resto da minería e así poder adiantar a idade de xubilación voluntaria, co fin de evitar algunhas enfermidades profesionais. Isto permitiría recolocar aos especialistas da pedra.
- Para conservar e restaurar o patrimonio natural e cultural do Courel, necesítase crear un mínimo de 150 postos de traballo, aos que se debe destinar un mínimo de 3 millóns de euros anuais, cifra inferior aos Fondos Europeos que nos corresponden pola Rede Natura, por ser zona de Montaña e por ser zona desfavorecida.
Como exemplo, O Principado de Asturias investirá no Parque Natural de Somiedo 7,7 millóns de euros no 2007.
¿Que podes facer ti para axudar?
Recollida de firmas. Imprime nun folio o documento que vai dirixido Ao Presidente da Xunta de Galicia, que podes baixar do seguinte enlace da páxina de Adega de Lugo (en Galego, Castelán ou Inglés), asínalo, e se podes, recolle firmas entre os teus familiares e amigos:
Formulario de firmas
As firmas recollidas mándaas por correo, preferiblemente certificado se podes, á Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32. Folgoso do Courel, 27327 Lugo.
A campaña terminará o 21 de xullo de 2007 coa entrega de firmas ao Presidente da Xunta de Galicia, o resultado final farémolo público nos Medios de Comunicación.
Aquí tedes un enlace para coñecer mellor a zona. A ver se a xente se anima a facer unha marcha!
E queridos meus... se este vídeo non vos fai AMAR O COUREL é que xa non tedes alma!!
Presentación sobre O Courel.
06/06/2007
ULTIMA INFORMACIÓN DENDE SOS COUREL:
Xa temos preto de 10.000, pero pódese dobrar facilmente esta cifra.
Non recibimos ningunha nova dende Administración.
MÁIS AXUDA URXENTE PARA O COUREL !!!
Lamentable decisión do Consello da Xunta o día 21 de Xuño de 2007
[url=http://www.xunta.es/periodico/2106consello.pdf]LEGALIZAN A CANTEIRA DA CAMPA en FOLGOSO DO COUREL...![/url]
Veñen de legalizar a Canteira A Campa en Folgoso do Courel... e como declaren o municipio de interes mineiro non van deixar nin carballo nin castiñeiro vivo antes de que nos deamos conta siquera!!!
http://www.xunta.es/periodico/2106consello.pdf
Seguide recollendo sinaturas por favor...!!!
RECOMÉNDOVOS LER ESTE ARTIGO DE X.M.BEIRAS sobre o tema:
A DESTRUCCIÓN DO TEMPLO...!
www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=1492
Galicia Hoxe non sei como fai para enlazar as novas... o artigo de Beiras está agora aqui:
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idEdicion=556&idNoticiaOpinion=180642