Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Enquisa sobre condicións de vida

Un 10% dos fogares galegos viven baixo o umbral da pobreza


Etiquetas: pobreza, hipotecas

Laura Grandal. AGN (Santiago).

Un 10% dos fogares galegos viven baixo o umbral da pobreza, segundo se desprende da 'Enquisa de condicións de vida das familiar' correspondente ó ano 2006. O dato é particularmente chamativo en Ourense, onde a porcentaxe elévase ó 15'25% o que eleva a media rexistrada en Galicia, pois nas demais provincias esta cifra é inferior (un 8'51% na Coruña, un 9'56% en Lugo e un 9'37% en Pontevedra).

O estudo fai tamén referencia ás diferenzas entre os máis ricos e os máis pobres, cunha análise sobre os contrastes entre o 20% dos galegos máis ricos e o porcentaxe correspondente ó dos máis pobres. A enquisa detecta que os primeiros multiplican case por seis (un 5'82%m, fronte o 6% do 2002) os ingresos dos segundos. Aínda así, a valoración do IGE é que en Galicia estase producindo "unha mellora na distribución" das rendas, a pesar de que os máis adiñeirados acaparan o 39'65% da renda total galega, fronte o 6'81 correspondente ós menos favorecidos.

Este límite establécese a partires duns ingresos. Así, un fogar composto por unha persoa vive baixo o umbral da pobreza se os ingresos son de ata 467 euros. Esta cifra elévase ata os 934 euros para considerar pobre un fogar de catro persoas. Dacordo con estes datos, existen importantes diferenzas entre o Eixo Atlántico e a Galicia interior, pois tamén o porcentaxe de fogares cuxa principal fonte de ingresos son as prestacións sitúanse en Lugo (45%) e en Ourense (48%).

Aluguer ou hipoteca
En Galicia detectouse tamén un incremento respecto a 2002 en canto ó porcentaxe de vivendas principais hipotecadas, aínda que esta subida non vai máis alá do 5%. No 2006 pouco máis do 20% dos fogares tiñan un gasto en hipoteca (o 20'69%), o que significa que a maioría da poboación ten este tipo de propiedades.

Máis aló da compra dunha vivenda, están os que optan polo aluguer. En Galicia, segundo esta enquisa, unicamente un 9'94% dos fogares teñen un gasto deste tipo, para o que entregan un promedio de 228 euros (eran 172 en 2002), ou o que é o mesmo, un 15'21% dos seus ingresos.

Independentemente de que teñan que pagar ou non unha cifra mensual para facer fronte á hipoteca ou ó aluguer, o certo é que un 47'45% dos galegos aseguran chegar "con dificultade a fin de mes".

05/06/2007

4'5 (8 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Información relacionada

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso