Datos de interés

  • Xoves 20.11.2008

Terrorismo

Reaccións ó comunicado de ETA


Etiquetas: ETA, terrorismo

Xeración (Santiago).

Trala ruptura da tregua por parte de ETA, as reaccións dos líderes políticos comezan a chegar:

Galicia:

  • Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta: "dende a unanimidade, o estado de dereito, as forzas e corpos de seguridade e a aplicación estricta da lei, gañaremoslle ó terrorismo".
  • Anxo Quintana, voceiro nacional do BNG e vicepresidente da Xunta:"precisamos un acordo de unidade entre todos os demócratas, que sirva para que ETA saiba que non vai conseguir ningún tipo de concesión, e para que ninguén sinta a tentación de sacar rédito partidista dunha situación tan lamentable".
  • Alberto Núñez Feijoo, presidente do PPdeG: "o Goberno equivocouse" e a banda terrorista "continúa marcando a axenda política do país". "Todos debemos volver a atoparnos no Pacto Antiterrorista, no Estado de Dereito e na unión dos demócratas".
  • Comunicado de prensa de CC.OO.:"ETA demostrou que non cre nin na democracia nin no diálogo, prefire que falen as armas e non as persoas. Pero malia as ameazas, non poderá silenciarnos se actuamos cunha soa voz".

España:

  • Jose Luis Rodríguez Zapatero, Presidente do Goberno: "ETA tomou a mesma decisión que en tempos pasados, e volve equivocarse". "O futuro dos vascos depende deles mesmos no marco democrático, non da violencia terrorista". "Teño a esperanza de que, ante a ameaza de ETA, o respaldo dos grupos políticos sexa unánime".
  • Mariano Rajoy, presidente do PP: "non se pode negociar coas organizacións terroristas, só derrotalas coa lei e co estado de dereito". "Pídolle ó Goberno que rectifique, que afirme que non hai cesións, que active os mecanismos do estado de dereito, e que demostre con feitos e probas que ten a vontade de rectificar". "ETA derrotarase sen atallos nin negociacións".
  • José Blanco, Secretario de Organización do PSOE: "non é o momento para reproches, senon para a unidade dos demócratas. O PSOE vai facer o máximo esforzo por recuperala co PP e mantela co resto". "Nas últimas horas temos escoitado declaracións irresponsables por parte de dirixentes do PP e esixímoslles que non sigan por ese camiño". "Non se pagou prezo político, e mantívose a lei en todo momento. Queremos manifestarlle total respaldo ás forzas de seguridade, fiscais e encargados de manter a lei".
  • Ignacio Astarloa, secretario executivo de Seguridade e Xustiza do PP: "Os socialistas deben rectificar rotundamente a súa política antiterrorista, e retomar o Pacto polas Liberdades e contra o Terrorismo para volver á política de derrota a ETA", "a fera segue sendo a mesma de sempre".
  • Gaspar Llamazares, coordinador executivo de IU: "A ruptura da tregua é culpa de ETA, en exclusiva, non hai ningunha outra responsabilidade".
  • Alberto Ruiz-Gallardón, alcalde de Madrid: é unha "irracionalidade" pretender que ETA "teña un final distinto a aquel que ten que ter calquera organización terrorista, que é comparecer ante a xustiza, que sean detidos todolos seus militantes".
  • Francisco José Alcaraz, presidente da Asociación de Víctimas del Terrorismo: "estamos ante unha nova trampa". "O Goberno tenta desactivar a rebelión cívica contra ETA" de cara ás eleccións xerais.
  • Artur Mas, presidente de CiU: o Goberno español debería "manter algunha vía aberta" ó dialogo con ETA. "Algunha fenda haberá que deixar, porque ó final chegará un día no que a violencia terrorista acabará, coma en Irlanda do Norte".
  • Eduardo Zaplana, portavoz do PP no Congreso: "é máis inmediato ca nunca que o Goberno adopte tres decisións: a ilegalización de ANV, o reingreso en prisión de Iñaki De Juana Chaos e cambiar a política que manten o fiscal xeral do Estado, Cándido Conde-Pumpido, na loita contra o terrorismo".
  • Ricardo Manrique, portavoz da Associació Catalana de Víctimes d'Organitzacions Terroristes (ACVOT): "buscar unha lóxica ao momento en que ETA emitiu o comunicado non ten sentido, porque calquera anuncio de ETA, como tal, xa no ten ningunha lóxica". Seguramente os autores do comunicado "nin se acordan de Hipercor, porque quizais eran demasiado novos ou non naceran", engadiu.

País Vasco:

  • Arnaldo Otegi, portavoz da ilegalizada Batasuna: "Non é unha boa noticia" e é unha decisión que "corresponde unicamente a ETA". "Os responsables nítidos do fracaso e o colapso do proceso democrático son o Goberno español e o PNV".
  • Comunicado de ANV: "algúns axentes políticos queren enterrar o proceso de paz e normalización". "Redobraremos os nosos esforzos en calquera lugar e con calquera interlocutor para recuperar o proceso, porque este é o único camiño". "Usaremos a forza dos miles de votos recibidos para dar un impulso ó proceso político".
  • Miren Azkarate, voceira do Goberno vasco: a fin do cesamento do fogo é "unha broma macabra" despois do atentado de decembro en Barajas. "Non lle importa o que pense a esquerda abertzale, que queda desairada políticamente" despois de esta lle pedira "unha tregua indefinida e sen condicións".
  • Mikel Buesa, presidente do Foro de Ermua: "a política de Zapatero só serviu para sacar a ETA do burato no que se atopaba no 2004".
  • Comunicado de Gesto por la Paz: a condea ó terrorismo debe ser "radical e rotunda, sen esconderse en banais xustificacións". "Este comunicado de ETA obriga a un posicionamento contundente".
  • Carlos Martínez Gorriarán, voceiro da plataforma ¡Basta Ya!: "Zapatero é un obstáculo na loita contra ETA e debería dimitir". "A ruptura pon de manifesto que uns tiñamos razón e outros non a tiñan"
  • Iñigo Urkullu, voceiro do PNV: "o comunicado de ETA non deixa de ser unha crónica anunciada o pasado 30 de decembro en Barajas". "O enemigo político é o Partido Nacionalista Vasco porque reflexa o fracaso de ETA duante os últimos 40 anos". "Seguiremos falando con Batasuna. Se fai falla baixar ó inferno e falar co demo, nos falaremos".
  • Patxi López, secretario xeral do PSE-EE: "os dirixentes do abertzalismo radical e os electos de ANV deben condenar as ameazas de ETA, ou demostrarán que enganaron á cidadanía". "En todo este proceso só fallou ETA, só ETA deu ó traste coas esperanzas da maioría da sociedade vasca".
  • José Antonio Pastor, portavoz parlamentario do PSE-EE: "Estes chamados salvadores dos vascos volveron pegar un mazazo ás esperanzas dos vascos e convertéronse no derradeiro reduto do fascismo que queda na Europa democrática".
  • Antonio Basagoiti, presidente do PP en Biscaia: "Unha organización terrorista que estaba na UVI, agora mesmo corre polos pasillos do Hospital, e mañá sae do Hospital".
  • Begoña Errazti, presidenta de Eusko Alkartasuna: "a decisión de ETA "ponnos nunha decisión moi grave". "Non se pode botar todo por terra e que ETA e a violencia decidan por nós".
  • Patxi Zabaleta, coordinador xeral de Aralar: "Nafarroa Bai proclama o seu compromiso de exclusividade dos cauces políticos para a transformación da sociedade". "Esiximos directa e rotundamente a ETA un cese unilateral, definitivo e incondicional da utilización da violencia". "Reclamamos que o comunicado de ETA non sexa aproveitado políticamente en contra da vontade de cambio expresada polos navarros e navarras".
  • Mikel Basabe, portavoz de Aralar: "é unha pésima noticia que supón unha volta ó pasado e non augura nada novo". "É exactamente a decisión contraria á que a maioría da sociedade vasca querería".
  • Comunicado da Confederación Empresarial Vasca: a ruptura da tregua "confirma a peor noticia dende o punto de vista social, político e económico que cabía esperar". "Dende o atentado de Barajas non cesaron nin os ataques, nin as ameazas, nin as extorsións que nos últimos meses continuaron padecendo moitos empresarios guipuzcuanos".

05/06/2007

5'0 (1 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso