Datos de interés

  • Xoves 20.11.2008

Terrorismo

Actuacións de ETA en Galicia


Etiquetas: ETA, terrorismo

AGN/Xeración (Santiago).

Galicia é unha das comunidades onde a banda terrorista ETA tivo unha menor presenza ao longo da súa historia. Dende 1987 localizáronse varios artefactos explosivos, todos de escasa potencia, que en ningún caso causaron máis que feridos leves.

9 de agosto de 1987. Prodúcese o primeiro atentado de ETA en Galicia. Un comando da banda terrorista, denominado 'Txarito', desplazado dende Navarra, colocou un artefacto de escasa potencia nun centro comercial da Coruña. A explosión só causou algúns danos materiais.

24 de xullo de 1996. A acción policial desmantela un comando de ETA que se instalara en Galicia. As forzas de seguridade do Estado detiveron nun piso de Pontevedra a tres membros da banda terrorista, implicados en varios atentados como ex-membros do desarticulado 'Comando Biscaia'. Tratábase de Aitor 'Asterix' Fresnedo Guerricabeitía, Carlos Cristóbal Martínez e María 'Arantxa' Garballo Ruiz.
No operativo confiscáronse armas, cartos, documentos falsos e informes detallados sobre varios persoeiros galegos, principalmente do daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga. A banda terrorista planeaba asasinar a Fraga cun coche bomba durante a celebración das festas do Apóstolo, o 25 de xullo.

21 de agosto de 1996. ETA anuncia a colocación de dous artefactos explosivos en Santiago de Compostela e un terceiro en Baiona.
A policía localizou e desactivou dúas das bombas, unha colocada na Alameda de Santiago e outra nun parque de Baiona. O terceiro explosivo estaba colocado xunto á igrexa de Santa Susana, en Compostela, e non foi atopado ata o 13 de novembro

23 de agosto de 1996. Atópase e desactívase outro artefacto explosivo colocado no Parador de Turismo de Baiona.  Ao día seguinte, a Garda Civil descobre outra bomba que non estoupara nunha praia de Sanxenxo. O 25 de agosto, aparece e desactívase un terceiro explosivo na praia de Silgar, tamén en Sanxenxo.

26 de marzo de 2001. É detida en Santiago de Compostela a terrorista Alicia Sáez de la Cuesta, presuntamente membro da organización armada e que podería ter estado facendo seguementos para un posible atentado en Galicia. A Garda Civil sospeitou daquela que a detida fose a encargada de preparar a infraestrutura necesaria para que posteriormente se instalara en Galicia un comando de ETA, ou ben que estivese recopilando información para cometer atentados a través dun comando desplazado. Alicia Sáez, de 32 anos, formaba parte daquela do 'Comando Basurde'
Dous días despois, a Garda Civil localiza en Santiago un piso franco, presuntamente utilizado por Sáez. No piso non se atoparon armas nin explosivos, pero si moita documentación.

21 de agosto de 2004. Explotan dous artefactos explosivos de baixa potencia colocados por ETA nas localidades de Sanxenxo e Baiona. Unha chamada da banda pasado o mediodía alertou da colocación das bombas no Real Club Náutico de Sanxenxo e no porto deportivo de Baiona. A zona foi desaloxada pola policía. A explosión dos artefactos, ocultos en colectores do lixo, causou tres feridos leves. 

28 de agosto de 2004. As forzas de seguridade fan estoupar unha bomba de escasa potencia na Alameda de Santiago, sen causar danos persoais nin mateirais. Un segundo artefacto explosivo localízase na Coruña sen que chegue a estoupar, previsiblemente porque fallou o temporizador.

05/06/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso