Datos de interés

  • Sábado 04.07.2009

Terrorismo

ETA rompe a tregua


Etiquetas: ETA, terrorismo

Xeración.

Nun comunicado que publica a páxina web do diario Berria, a banda terrorista ETA anuncia que rompe o cese de foto a partir da medianoite do martes e que reabre a "actividade en todas as súas frontes". ETA argumenta que “non se dan as condicións mínimas para seguir co proceso de negociación, con pseudo-solucións que non chegan a ningún sitio”.

ETA declarou o 22 de marzo do 2006 un cese de fogo permanente que mantivo formalmente ata hoxe, pero que rompeu na práctica no mes de decembro co atentado na T-4 do aeroporto de  Barajas que se levou a vida de dúas persoas. Esta noite, a banda volveu difundir un novo comunicado no que acusa ó goberno de Zapatero de "respostar ó paro das accións armadas con detencións, torturas e persecucións" e de "ter convertido o seu talante en fascismo que deixan ós cidadáns e ós partidos sen dereitos".

ETA tamén fai referencia ó PNV, que foi branco das súas críticas nos últimos meses. Acúsao de "mentir cando debe defender a Euskal Herria. (...) Caéuselle a careta" e reafirma a súa vontade de seguir "loitando" ata conseguir a independencia para o País Vasco..

Avisos nas últimas semanas
Nos últimos días, os servicios antiterroristas do Ministerio de Interior e do Goberno vasco xa avisaran da posibilidade de que ETA comunicase a súa volta ás armas. O anuncio de hoxe prodúcese tras meses nos que a banda escenificara unha revitalización da súa actividade, co roubo de diversas armas en Francia ou coa restructuración do comando Donosti que foi desarticulado a finais de marzo.

O pasado fin de semana trascendeu ós medios que empresarios vascos recibiran cartas de extorsión solicitando aportacións de 150.000 euros. Mesmo se o reclamo do chamado "imposto revolucionario" non cesou dende o inicio da tregua, desta vez fíxose especial fincapé no número de destinatarios das cartas, moito máis elevado que en ocasións anteriores.

Atentado en Barajas, o punto de inflexión
O 'proceso de paz' sufríu numerosos altibaxos dende o anuncio de ETA, pero entrou en vía morta o 30 de decembro, cando estouraba unha bomba no parking da Terminal 4 do aeroporto de Barajas, que se levaba a vida de Carlos Alonso Palate e Diego Armando Estacio.

Este atentado imposibilitaba calquera tipo de acordo con ETA, tal como recoñeceu José L. Rodríguez Zapatero, mesmo se un comunicado nove días despois a banda reafirmaba a vixencia do cese de fogo.

Nunha recente entrevista ó diario Gara, ETA xustificaba a bomba de Barajas como "unha resposta ós ataques permanentes ó goberno español (...). A nosa intención foi influir para que o proceso avance con bases máis sólidas". Dende a banda terrorista incluso se chegou a culpar ás forzas de seguridade pola tardanza en evacuar o parking tralo aviso de bomba.

05/06/2007

5'0 (3 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso